20 de Febreiro de 2026

Festival de Combos Riquela

Festival de Combos Riquela

Este domingo 22 de febreiro volvemos ao Riquela co Festival de Combos A Casa do Rock: unha tarde na que o noso alumnado sobe ao escenario para tocar en directo e vivir a experiencia real dun concerto.

Bandas de todas as idades e estilos, facendo o que máis lles gusta… e sumando por unha boa causa.

🎟️ A entrada é unha doazón

Os 5€ destínanse íntegramente a Aldeas Infantís SOS Galicia. Música en directo e apoio a quen o precisa.

📅 Domingo 22 de febreiro

⏰ Desde as 16:00 h

📍 Riquela Club @riquelaclub

💛 Doazón/Entrada: 5€ (100% para a ONG) @aldeasinfantiles_es

Un plan sinxelo: boa música, boa xente e comunidade.

Somos equipo. Somos A Casa do Rock.

Facendo Canteira dende 2011

ℹ️ Durante o festival haberá un posto informativo da ONG Aldeas Infantiles, onde poderás recibir información directa, resolver dúbidas e colaborar máis alá desta xornada solidaria.

🎶 Música que soa forte.
💙 Solidariedade que soa máis forte aínda.

🔎 Máis información:
👉 https://www2.aldeasinfantiles.es/galicia
👉 https://www.aldeasinfantiles.es/colabora

#RiquelaClub #ACasaDoRock #FestivalSolidario #FamiliaRockeira #CanteiraRock

Outros artículos

  • 4 de Marzo de 2026
    Campamento de conciliación 6 de abril
  • 4 de Febreiro de 2026
    Entroido en A Casa do Rock