15 de Decembro de 2025

evento teatro

evento teatro

🎭❤️ Pechamos “Pesadelos antes de Nadal” cun sorriso enorme.

Un auditorio cheo, cinco obras marabillosas e unha familia teatral que non deixa de medrar.

Grazas ao noso alumnado polo traballo, a entrega e a ilusión que puxeron enriba do escenario.

Grazas ás familias por confiar en nós un ano máis e por acompañarnos sempre, chova ou faga frío.

E unha mención especial para Sandra, a nosa profe de teatro musical, polo enorme esforzo, creatividade e corazón que pon en cada detalle. Sen ela, este festival non sería o mesmo.

Aquí tedes unha pequena lembranza dos artistas desta xornada tan especial.

Seguimos creando, soñando e facendo teatro musical xuntos.

A Casa do Rock continúa.

E por suposto, grazas ao Concello de Negreira e ao Departamento de Cultura por permitirnos celebrar aquí o festival unha vez máis.

nadal 2026-01-03

Outros artículos

  • 24 de Agosto de 2026
    Comeza o curso 2026/2027 en A Casa do Rock | Matrícula aberta
  • 23 de Decembro de 2025
    NADAL EN MODO ROCK