Teatro musical

Cartel Teatro Musical web

O Teatro Musical é unha forma de teatro que combina cancións, diálogos, actuación e danza. As historias comunícanse a través das palabras, a música, o movemento e os aspectos técnicos do espectáculo como un todo integrador. O Teatro musical é un xénero interdisciplinar, que ofrece ó alumnado unha plataforma para formarse e desenvolverse artísticamente, na música, no teatro, a danza e as artes visuais.

As nosas clases tratan de facer emerxer esa creatividade dende o movemento e a música eliminando os bloques corporais que nos impiden manifestarnos, preparándonos así para a obtención dunha interpretación unificada de mente, corpo e voz.

O alumno pode sentirse así protagonista da súa propia historia e crear un diálogo entre o mundo que o rodea e o seu propio interior.

Contidos

• Expresión Corporal: ó comezar as clases faremos un quentamento e exercicos onde exploraremos o movemento corporal e as suas posibilidades como elemento expresivo.
• Improvisación: a improvisación será un dos grandes bloques do traballo diario. Mediante xogos dramáticos os alumnos manexarán conceptos como a presencia teatral, a creación de historias inmediatas, a acción física, a escoita activa ou o silencio dramático.
• Voz e respiración: así como o corpo, a voz será educada como elemento importante á hora da libre expresión aprendendo a proxectala no traballo actoral.
• Creación de persoaxes: partindo tanto da imaxinación do alumno, como de textos xa escritos por outros autores.
• Aproximación ós textos dramáticos: tanto de creación personal do alumnado como textos de autores con relevancia na escea teatral.
• Improvisar pasos de baile, coreografías que teñan sentido en si mesmas. Crear mínimos diálogos a través do baile.
• Aprender a interpretar as cancións como parte da trama da escena, dende diferentes personaxes e situacións..
• Montaxe dunha obra musical : o contacto có público é fundamental para completar as ensinanzas de calquera expresión artística. Faranse, según disposición do centro educativo, unha ou duas presentacións a público. Nas montaxes pretenderemos que o alumno comprenda o funcionamento de todalas partes que conforman a dita montaxe, non só a propia interpretación, aprendendo tanto nocións escenográfícas, como de vestiario e atrezzo.

FESTIVAL NADAL 2023

Principios Metodolóxicos e Obxectivos

• Partir das necesidades e intereses dos alumnos/as.
• Considerar o xogo e a creatividade como base da aprendizaxe.

A hora de deseñar as actividades a desenvolver nas sesións, teremos en conta criterios pedagóxicos a partir do que o alumno/a deberá:

• Desenvolver a súa capacidade de dedución e análise.
• Aprender a relacionarse cos demais a través das distintas formas de expresión e comunicación.
• Aprender a traballar en equipo.
• Desenvolver a creatividade como ferramenta principal de traballo e como medio para a resolución de problemas, potenciando en todo momento o seu crecemento persoal.

FESTIVAL NADAL 2023

Transcurso dunha sesión

Nos comezos de cada clase o tempo estará dedicado a actividades que poñen en funcionamento o corpo, que axudan á concentración no espazo e no grupo, a través de diferentes ritmos musicais. Para iso partimos do movemento corporal a través das consignas do xogo, tales como xogos do espello, xogos de desprazamento, xogo das estatuas con diferentes ritmos, exploralo espazo con distintas partes do corpo, exercicios de coordinación.
– Espertar cada parte do corpo e explorar as súa capacidade expresiva
– Empregar a música como elemento estimulante á hora de crear diferentes situacións dramáticas.

A continuación comezaremos coas actividades relativas á dramatización empregando o xogo dramático como método de traballo:
– Improvisación de escenas: dramatizar a partir dun feito ocasional ou de situacións do seu entorno, representar situacións colectivas, improvisar a partir dun conto, dunha frase, dunha canción, dun baile..creando secuencias narrativas, representación de personaxes sós ou colectivos, improvisación de diálogos, creación de escenas que respondan a diferentes bandas sonoras.
– Noutras ocasións coñeceremos outras obras importantes dentro da Historia do Teatro Musical, ou poremos música a contos recoñecidos por todos eles.
Son actividades lúdicas pero que xa implicarían certa construción de situacións, conflitos e personaxes, onde o participante xa poría en marcha a súa imaxinación e capacidade creativa, así como a resposta individual e de grupo ante os supostos conflitos, coa música como parte do diálogo e vehículo expresivo.
– Ó final de cada clase faremos unha valoración do aprendido ou unha posta en común dos traballos que xurdiron.

Sobre a docente

O meu nome é Sandra, comecei no mundo da interpretación e a linguaxe teatral na Escola Espacio Aberto de Santiago onde cursei 4 anos de interpretación e traballo corporal, ademáis dun curso intensivo de Cabaret e Actuación ante a Cámara. Traballei na compañía de teatro “Malasombra” durante 3 anos como actriz principal así como en varios grupos de café teatro e producción independente.

Descubrín que a miña verdadeira vocación era a ensinanza e levo máis de 16 anos dando clase a grupos de todalas idades en colexios, na Escola Unitaria de Santiago e en diversas asociacións, ademáis de dirixir a Escola Municipal de Teatro de Negreira dende o ano 2010.

No ámbito audiovisual son co-creadora, guionista e actriz da serie web Angélica y Roberta, gañadora dun Mestre Mateo como mellor serie web no ano 2013.

A miña outra paixón é escribir, sendo autora de obras teatrais infantís e xuvenís premiadas dentro do Certamen da Diputación Provincial da Coruña, ademáis de co-guionista da serie Antes de Perder de Cosmica Producciós para a plataforma Playz de RTVE.

E xa publiquei o meu primeiro libro, Bastións, de Auga Editora con ilustracións de José Perozo. Tamén plantei varios árbores…

Horarios

Son clases de 1 hora á semana (60€/mes) tanto para os peques, adolescentes e adultos, posto que a dinámica das clases así o indica.

(4 a 12 anos)
Luns 17h a 18h
Luns 18h a 19h
Mércores 16,30h a 17,30h
Xoves 17h a 18h
Xoves 18h a 19h

(Adolescentes)
Xoves 19h a 20h

(adultos)
Xoves 20h a 21h

Teatro-musical-A4-REVERSO-WEB-734x1024