LUGAR: Eme Music Club
DATA: Domingo 22 de marzo de 2020
HORA: 18:30
Entrada de balde
O vindeiro domingo 22 de marzo terá lugar o concerto de fin de curso do primeiro grupo das Aulas de creación sonora:
A continuación describimos brevemente o traballo que nos mostrarán:
Sergio está interesado en programar código en son e imaxe, xunto coa súa manipulación en tempo real.
Ofreceranos unha sesión en directo inmersiva, combinando imaxes e sons creados con código en Processing.
Coralie centra o seu traballo na composición de pezas audiovisuais, combinando fotografía, vídeo, poemas propios e voz.
Interpretará unha composición audiovisual para todos os asistentes, preparada expresamente para este concerto.
Durante o curso Nuria traballou diferentes aspectos relacionados coa fonética e a experimentación vocal, así como na creación de texturas e ritmos electrónicos para acompañar a súa actuación.
Recitará varios dos seus propios poemas, combinados con electrónica en tempo real.
Laura é produtora audiovisual. Durante o curso centrouse nas distintas formas de abordar unha banda sonora. Sorprenderanos coa composición do audio do seu último traballo audiovisual, onde empregou electrónica xenerativa.
Agardámoste o domingo 22 de marzo no Eme Music Club, Alfredo Brañas 19