Clases Abril
Clases Abril
Estimadas familias:
En primeiro lugar desexar que tod@s vos atopedes ben e agradecer a implicación e confianza depositada en A Casa do Rock. Sairemos desta!
Tod@s estamos a vivir unha situación novidosa e excepcional. Por iso, debido á ampliación do Estado de Alarma ata o vindeiro 12 de Abril, tomamos as seguintes decisións, procurando na medida do posible non sacrificar a actividade docente. Máis que nunca, neste días vemos o importante que é a música…
Iniciación a Música, Iniciación a Ritmos, Teatro Musical e Combos. Son materias que non é posible realizalas vía online, polo tanto o recibo destas mensualidade queda suspendido ata que volvamos á normalidade.
Resto de materias (instrumento, linguaxes e harmonía). Na medida do posible, non queremos que o alumnado perda a continuidade das clases, por iso estamos adaptando estas materias para poder realizalas na modalidade online (preferentemente vía Skype). Destacar que o noso profesorado dispón de tódolos medios e recursos didácticos para adaptarse á modalidade online.
Moitos de vós, xa realizastes clases vía Skype durante o mes de marzo e desexamos que continuedes nesta modalidade ata que poidamos volver á escola. Non dubidedes, non se reducirá a calidade das clases…
Por outro lado, tamén nos vimos na obriga de reorganizar temporalmente A Casa do Rock. Por este motivo, cabe a posibilidade de que algunhas das clases non sexan impartidas polo profesor/a habitual. Tratarase de reorganizar as axendas e adaptarnos ás necesidades de todos vós.
Por favor, comunícanos vía mail se desexas seguir formándote vía Skype mentres dure o Estado de Alarma e alerta sanitaria.
Tódalas comunicacións coa escola faranse a través do correo electrónico acasadorock@acasadorock.com o dende o noso formulario de contacto
A Casa do Rock #quedanacasa
Asinado:
A Dirección A Casa do Rock