canteira rock fest 2026

Benvidos ao noso Canteira Rock Fest do curso 2025/2026!

Será o evento máis grande da historia da escola, e estamos emocionadísimos de compartilo convosco.

Pola magnitude deste encontro, será un festival pioneiro que levamos preparando con moito esforzo e ilusión durante todo o ano, e que require unha infraestructura e montaxe de dous días por parte de todo o equipo.

E para facer a festa aínda máis divertida, teremos comida, inchables, sorteos e moitas sorpresas máis!

Serán máis de 800 alumnos e alumnas que celebrarán este día tan especial tocando diante das súas familias, amizades e compañeiros/as.

Un evento único en Galicia!

Grazas por formar parte desta celebración tan especial!

Estamos desexando vervos e vivir xuntos un día inesquecible!

Imaxes do evento 2025

Imaxe do cartel do evento
Mapa dos accesos ó pazo de congresos

Horarios

Consulta os horarios individuais dos temas no seguinte enlace:

HORARIOS (PROXIMAMENTE)

A xornada de mañá será de 12:00h ata as 14:05h.

A xornada de tarde será de 16:00h ata as 18:30h.

Entradas

O prezo da entrada anticipada é de 8€.

Este ano contamos con entrada única, válida para o acceso á instalación durante todo o día.

O prezo da entrada o día do evento é de 12€.

Entrada gratuita para menores de 5 anos e persoas con movilidade reducida.

As entradas para o festival poderán adquirirse a través do seguinte enlace:

ENTRADAS

Información

Se tes algunha dúbida acerca do evento ou do material que tes que levar, podes consultar máis información aquí:

INFORMACIÓN

Rifas

Queres gañar unha batería valorada en 700€?? Unhas clases de música??
Ou prefires pasar unha gran aventura??
Tamén somos de bo dente… seguro que tamén pode tocar unha merenda ou unha boa cea!

Info Rifas (PROXIMAMENTE)

Pazo de congresos

Tras o éxito da edición anterior do noso Festival Fin de Curso, o Canteira Rock Fest vai repetir no impoñente escenario do Pazo de Congresos.

Repetir neste espazo non é só unha cuestión de aforo, é elevar a experiencia dos nosos alumnos e alumnas a un nivel profesional sen precedentes.

Imaxe exterior do pazo de congresos
Imaxe interior do pazo de congresos

Os nosos Patrocinadores

Edicicións anteriores

Aquí tes alguns vídeos que capturan a esencia das pasadas edicións dos nosos festivais de fin de curso.

Festival pasado 2024 – no multisos fontes do sar: