Campamento de conciliación – 7 de decembro
Campamento de conciliación – 7 de decembro
🎸 O 7 de decembro, seguimos rockeando! 🤘
O 7 de decembro non hai cole, pero na Casa do Rock a música non para! 🎶
Volvemos cunha nova edición do noso Campamento de Conciliación, unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos e pequenas gocen dun día diferente, cheo de música, xogos, creatividade e moita diversión.
Unha proposta pensada para facilitar a conciliación das familias mentres os nenos e nenas aprenden, fan novas amizades e sacan o seu lado máis rockeiro. 🎤🥁
📅 Data: 7 de decembro.
🕘 Horario: De 9:00 a 14:00 h.
👧🧒 Idades: De 3 a 11 anos.
🔥 Reserva xa a túa praza!
Toda a información e inscricións na nosa páxina web: https://acasadorock.com/inscricions-campamentos-conciliacion/
Porque os días sen cole tamén poden ter moito rock! 🎸✨




