Bases legais de participación no SORTEO – FESTIVAL FIN DE CURSO 2025
1. Organizador
A organización e xestión do sorteo é responsabilidade de A CASA DO ROCK ESCOLA SL, con domicilio en C/ Rosalía de Castro nº33, semisótano, e número de identificación fiscal B70320320.
2. Participantes
O sorteo está dirixido a todas as persoas maiores de idade do ámbito xeográfico de Galicia.
3. Mecánica de participación
Para participar no sorteo, os interesados deberán adquirir rifas en formato papel que se poñerán á venda a un prezo de 2 euros cada unha.
Emitiranse un total de 1.000 rifas, numeradas correlativamente desde o número 1 ata o 1000.
4. Prazo de participación
O prazo para participar no sorteo comeza o 28 de maio de 2025 e finaliza o 7 de xuño de 2025.
5. Premios
Os premios consistirán en:
-
🥁 Batería Mapex (PVP 700€). Canxeable por outros artigos da tenda.
-
🎙️ Gravación dun tema completo en estudo para unha banda (valorado en 150 €).
-
🎓 Un mes de clases gratuítas (4 horas) (valorado en 110 €).
-
🎸 Bono intensivo de xullo: 6 horas de clases individuais (valorado en 140 €).
-
🌞 Unha semana de campamento de verán (xullo) para nenos/as de 3 a 12 anos (valorado en 103 €).
-
🍝 Cea para dúas persoas en Sicilia in Bocca, (valorado en 50€).
-
🍖 Cea para dúas persoas en O Milongas, (valorado en 50€).
-
🧩 Escape Room para ata 6 persoas en Eskapark Compostela (2 bonos, valorados en 108 € cada un – total 216 €).
Cada premio é persoal e intransferible, e non poderá ser cambiado polo seu valor en metálico.
6. Selección do/a gañador/a
Os/as gañadores/as serán elixidos/as, un por cada premio, o día do festival (7 de xuño de 2025), durante a celebración do evento no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
O sorteo realizarase de forma pública e transparente, distribuído en dúas sesións (mañá e tarde). Nunha urna introduciranse os números das rifas vendidas e unha man inocente do público extraerá o número premiado.
Tamén se escollerá un suplente por cada premio. Se o/a gañador/a non reclama o premio no prazo indicado, pasará ao/á suplente. Se este tampouco o reclama, realizarase un sorteo extraordinario o 25 de xuño de 2025 ás 14:00 h no enderezo do organizador.
Sorteos por franxa horaria:
MAÑÁ:
-
🎓 Un mes de clases gratuítas – 13:00 h
-
🌞 Campamento de verán – 13:15 h
-
🧩 Escape Room Eskapark (2 bonos) – 13:45 h
-
🍝 Cea en Sicilia in Bocca – 14:00 h
TARDE:
-
🎸 Bono intensivo de xullo – 15:45 h
-
🍖 Cea en O Milongas – 17:15 h
-
🎙️ Gravación en estudo – 18:00 h
-
🥁 Batería Mapex – 18:15 h
7. Entrega dos premios
-
Os/as gañadores/as deberán poñerse en contacto coa organización. Os premios poderán reclamarse ata o luns 16 de xuño de 2025.
-
Se o/a gañador/a non os reclama, o/á suplente terá ata o 24 de xuño de 2025 para facelo.
-
De non haber reclamación, realizarase un novo sorteo o 25 de xuño de 2025 ás 14:00 h na sede do organizador.
-
Os bonos formativos poderán empregarse de forma presencial ou online, segundo dispoñibilidade.
-
En caso de canxear a batería Mapex, o premio estará suxeito ao catálogo e stock das distribuidoras colaboradoras.
-
A validez dos premios é de 5 meses.
8. Modificacións e anulación do sorteo
O organizador resérvase o dereito de modificar estas bases en calquera momento, sempre que non prexudiquen os dereitos dos participantes. Tamén poderá cancelar ou aprazar o sorteo por causa de forza maior ou circunstancias imprevistas, previa comunicación á Secretaría Xeral Técnica do Tesouro da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
9. Destino dos beneficios
Os beneficios obtidos destinaranse á financiación do Festival Fin de Curso 2024/2025 de A Casa do Rock Escola SL.
10. Responsabilidade
O organizador non se fai responsable do uso indebido ou fraudulento dos premios por parte dos gañadores.
11. Aceptación das bases legais
A participación no sorteo implica a aceptación íntegra e sen reservas das presentes bases. O incumprimento de calquera das condicións dará lugar á exclusión do/a participante.


