Bases legais de participación no SORTEO CANTEIRA ROCK FEST 2026

1. Organizador
A organización e xestión do sorteo é responsabilidade de A CASA DO ROCK ESCOLA SL,
con domicilio en C/ Rosalía de Castro nº33 semisótano, e número de identificación fiscal
B70320320

2. Participantes
O sorteo está dirixido a tódalas persoas maiores de idade do ámbito xeográfico de
Galicia.

3. Mecánica de participación
Para participar no sorteo, os participantes deberán adquirir as rifas que se porán á venta,
a un prezo de 2 euros cada rifa.
Emitiranse un total de 2.000 rifas en formato papel e numeradas correlativamente dende
o número 1 ata o 2000.

4. Prazo de participación
O prazo para participar no sorteo comeza o 13 de maio de 2026 e finaliza o 13 de xuño de
2026.

5. Premios

Os premios da promoción consistirán en:

– Guitarra LTD M-200DX NT BLUE BURST PVP:500€ . Canxeable por outros artigos da tenda.
– Teclado CASIOTONE CT-S1BK PVP:250€.
Canxeable por outros artigos da tenda.
– Prato Crash 16” para batería acústica CC16PC-B 16 POWERFUL CRASH. PVP:
169€. Canxeable por outros artigos da tenda.
– Gravación dun tema completo en estudio para unha banda (valorado en 150 €).
– Unha semana de campamento de verán (xullo) para nenos/as de 3 a 12 anos
(valorado en 103 €)
– Dous vales para unha cea para dúas persoas en Servirobles SL, valorado en 60€
cada vale. (120 €)
– Escape Room para hasta 6 persoas en Eskapark Compostela (2 bonos), valorado
cada bono en 120 euros (240 €)
– Cinco entradas (bonos de 3 + 2 )con material para rocódromo ESDEAGALICIA SL,
valoradas en 85 €.
– Merenda en Tosta e Tostiña, valorado en 20 €
– Vale para 2 persoas en Sicilia in Bocca por un importe máximo de 35 € de
consumición por cada persoa nun dos locais de Santiago de Compostela e
Bertamiráns. Válido de luns a xoves e por un período de 6 meses. Valorado en 70
€.
– Cea para 2 persoas en O Milongas Parrillada, valorado en 50 €
Cada premio é persoal e intransferible e non poderá ser cambiado polo seu valor en
efectivo.

6. Selección do/a gañador/a
Elixiranse aos gañadores, un por cada premio sorteado, o día do festival (13 de xuño de
2026) durante a celebración deste no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. O
sorteo realizarase de forma pública e transparente.
O sorteo dos premios distribuirase ao longo das dúas sesións, unha de mañán e unha de
tarde. En cada sorteo incluiranse nunha urna o número das papeletas vendidas e unha
man inocente do público seleccionará o número premiado.
Por cada premio sorteado tamén se elixirá un suplente, no caso de que o primeiro número
premiado non reclame o premio pasará ao suplente. Se o suplente do premio tampouco
o reclama no prazo indicado, haberá un sorteo extraordinario o día 25 de xuño de 2026 ás
14:00 horas no enderezo do organizador (Rosalía de Castro nº33 semisótano Santiago de
Compostela)

MAÑÁN:
• Unha semana de campamento de verán (xullo) para nenos/as de 3 a 12 anos
(valorado en 103 €). Sorteo a partir das 13:00 h
• Prato Crash 16” para batería acústica CC16PC-B 16 POWERFUL CRASH. PVP:
169€ (valorado en 129,85 € IVA incluido). Canxeable por outros artigos da tenda.
Sorteo a partir das 13:15 h
• Escape Room para hasta 6 persoas en Eskapark Compostela (2 bonos). Sorteo a
partir de las 13:30 h
• Cinco entradas (bonos de 3 + 2 )con material para rocódromo ESDEAGALICIA SL,
valoradas en 85 euros. Sorteo a partir das 13:45 h
• Vale para 2 persoas en Sicilia in Bocca por un importe máximo de 35 € de
consumición por cada persoa nun dos locais de Santiago de Compostela e
Bertamiráns. Válido de luns a xoves e por un período de 6 meses. Valorado en 70
€. Sorteo a partir das 14:00 h.

TARDE:
• Merenda en Tosta e Tostiña, valorado en 20 €. Sorteo a partir das 16:45 h
• Dous vales para unha cea para dúas persoas en Servirobles SL, valorado en 60€
cada vale. (120 €). Sorteo a partir das 17:00 h
• Cea para 2 persoas en O Milongas Parrillada, valorado en 50 €. Sorteo partir das
17:15 h
• Teclado CASIOTONE CT-S1BK PVP:250€ (valorada en184,89€ IVA incluído).
Canxeable por outros artigos da tenda. Sorteo a partir das 17:30 h.
• Gravación dun tema completo en estudio para unha banda (valorado en 150
euros). Sorteo a partir das 18:00 h
• Guitarra LTD M-200DX NT BLUE BURST PVP:500€(valorada en 389,41 € IVA
incluído). Canxeable por outros artigos da tenda. Sorteo a partir das 18:15 h

7. Entrega de premios

O organizador e o/a gañador/a poñeranse en contacto da seguinte forma:

1. O/A gañador/a de cada un dos premios deberá poñerse en contacto co
organizador. Os premios son reclamables ata o luns 22 de xuño de 2026.

2. No caso de que o/a gañador/a non reclame o premio no prazo indicado, o suplente
terá ata o 24 de xuño de 2025 para reclamalo.

3. En caso de que nos prazos estipulados non se producise tal contacto procederase
a realizar un novo sorteo o día 25 de xuño de 2026 nas instalacións do organizador
(C/ Rosalía de Castro nº33 semisótano Santiago de Compostela) ás 14:00 horas
ata que o premio sexa entregado.

4. En caso de canxear a guitarra LTD, o teclado Casiotone CT-S1BK ou o prato crash
16” CC16PC-B; o premio está suxeito ao catálogo e stock das distribuidoras
colaboradoras da tenda A Casa Do Rock.

5. A validez dos premios é de 5 meses.

8. Modificacións e anulación do sorteo.
O organizador resérvase o dereito de realizar modificacións a estas bases legais en
calquera momento, sempre e cando non prexudiquen os dereitos dos participantes. Así
mesmo, o organizador resérvase o dereito de cancelar ou aprazar o sorteo en caso de
forza maior ou circunstancias imprevistas que o fagan necesario. En calquera dos casos
indicados neste parágrafo, será coa previa comunicación á Secretaría Xeral Técnica do
Tesouro da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

9. Destino dos beneficios.
Os beneficios obtidos deste proceso serán destinados á axuda da financiación do festival
de fin de curso 2025/2026 “Canteira Rock Fest” de A Casa do Rock Escola SL

10. Responsabilidade
O organizador non se fai responsable do uso indebido ou fraudulento dos premios por
parte dos gañadores.

11. Aceptación das bases legais
A participación no sorteo implica a aceptación plena e sen reservas das presentes bases
legais. O incumprimento de calquera das normas ou requisitos establecidos nestas
bases legais dará lugar á exclusión do participante.