A escola nos medios
A Casa do Rock tamén sae nos medios de comunicación! Neste apartado verás reportaxes, entrevistas e artigos sobre os nosos eventos, profesores e esta comunidade unida polo rock.
Celebramos os nosos 15 anos de historia!
A Casa do Rock xa ten 15 anos. La Voz de Galicia e Nós Diario sacan unha reportaxe e unha entrevista sobre o noso crecemento, obxectivos, historia e valores. Grazas a tod@s por facer esto posible!
ACDR, beca de honra
Recuperando un acto que non se celebraba desde había máis de dez anos, a asociación cultural Extudiantes reuniuse na tarde de onte no Pazo de San Xerome para celebrar o seu acto de inicio de curso, no que outorgou as súas cinco bolsas anuais a Rosa Crujeiras (bolsa académica 2026), a Fundación Andrea (bolsa social 2026), A Casa do Rock (bolsa cultural 2026), Marina Picos e Enrique Fernández (bolsas infinitas 2026).
En palabras do seu presidente, Modesto Gómez, «recoñecer ese patrimonio humano saído das nosas aulas que, cos seus pequenos xestos, consegue grandes fazañas, é unha das mellores maneiras de poñer en valor o que somos. Por iso, Compostela ten que dar visibilidade a todas esas persoas e institucións que, día a día, axudan a aliviar dores sociais e a multiplicar ilusións colectivas. A súa paixón é a estrela que mellor ilumina as nosas vidas».

De camiño ao Millarock
El Comarcal e o Correo Gallego fixéronse eco da nosa participación no Millarock cunhas preguntas a Adrián, o noso director, e unha reportaxe sobre o noso taller musical para peques.






