Vanesa

Vanesa - Iniciación a música e ritmos - Piano

Vanesa – Iniciación a música e ritmos – Piano

Vanesa Fernández

Clarinetista e intérprete de lingua de signos española. Adícome á ensinanza dende o ano 2008. Son profesora de linguaxe musical, iniciación ao piano, á música e aos rítmos.
Cando fun nai (2012) cambiaron as miñas prioridades na vida e naceu en min a inquedanza por compartir coas familias e cos máis miúdos (de 0 a 6 anos) o amor pola música, a ensinanza respetuosa e con apego, e a tentar traballar a empatía dende o máis profundo da miña persoa.
No 2014 namoreime do traballo do músico e pedagogo Paulo Lameiro na Escola de Artes SAMP (Leiría- Portugal).
A miña filosofía de ensinanza e de vida é absorber dos mais pequenos a pureza, o dinamismo, a explosividade… , cargarme de todas elas e poder canalizalas para ofrecer o mellor de min. Disfruto con brindarlles a oportunidade de descubrir as diferente canles da música como ferramentas básicas para toda a súa vida.
Na actualidade son clarinetista no grupo de música tradicional A Requinta da Amaía