Thais

Thais - Canto

Thais – Canto

Thais Rudiño naceu en Santiago de Compostela o 30 de xaneiro de 1986.Thais-2-web
Os seus inicios na música comezaron con 18 anos, cantando en bandas con amigos.
Foi nesta época cando a paixón pola música se converteu nalgo prioritario e decidiu formarse vocalmente, sobretodo enfocada ao rock. Con influencias de voces rotas e potentes, dende o rock, o blues ou o soul máis clásico ata o máis actual.
Foi teloneira de artistas como Luz Casal, Celtas Cortos, Los Suaves ou Vinila Von Vismark.
Participou na cuarta edición do programa televisivo “La Voz” (2016), no cal foi a finalista do ”Equipo” de Alejandro Sanz.Thais-1-web
Durante o paso por este programa cantou con Alejandro Sanz, David Bisbal, Pablo López e Morat entre otros.
Actualmente, está dividida entre varios proxectos musicais. Por un lado a súa banda de temas orixinais, “SUPERNATURAL”, coa que está presentando o primeiro álbum editado en dúas ediciones; “Nada que fingir” (Castelán) e “Nothing to pretend” (Inglés); algunhas bandas de versións tanto en formato eléctrico como acústico. E por outro lado como docente de canto na escola de música “A Casa Do Rock”.