RUDIMENTOS

As clases de Rudimentos son imprescindibles para sacar a mellor técnica das nosas clases de Batería. Son clases colectivas onde sempre temos en conta a idade e o nivel dos nosos alumnos para formar os grupos. Temos grupos de pequenos que comezan dende os 8 anos e grupos de adultos. Dentro de cada franxa de idade formamos grupos delimitando 3 niveis: inicial, medio e avanzado.

As clases de técnica consisten en facer un reforzo para ampliar as clases de batería e concentrar os esforzos en traballar os rudimentos mediante exercicios, cancións, trucos e playalongs, para que no menor tempo posible consigamos os mellores resultados.

Durante o curso veremos diferentes agarres (german, french e american grip), técnicas de brazo, técnicas de pulso e dedos, improvisacións en frases rítmicas, solos, lecturas rítmicas fluidas, dinámicas, texturas, golpes simples, doble e triples, traballo auditivo para melodías rítmicas, táboa de subdivisións tanto en golpes simples como dobles, faremos series de velocidade e resistencia, traballaremos toda a familia de rudimentos con miles de variacións e combinacións, unha aplicación directa e real na batería…. todo isto vai asegurar moitas melloras para a nosa técnica na caixa en moi pouco tempo.

Técnica Moeller:

Tamén faremos fincapé na técnica de Moeller a cal axudará a gañar velocidade coas baquetas.

As baquetas teñen un punto natural de rebote, que é aproximadamente a segunda terceira parte de esta, e ahí onde ten que ser suxeita, cada baqueta é distinta polo que hai que realizar varios golpes suxeitando a baqueta en distintos puntos e determinar cal é o punto de maior rebote.

Para realizar estes exercicios, as mans teñen que estar extremadamente relaxadas e a baqueta debe ser suxeitada de maneira que esté libre para poder rebotar, pero tamén apretada para que non se nos caia. O golpe debe ser como un látigo, e o pulso interven moito nesta acción cun movemento de arriba-abaixo, o antebrazo está estático e o movemento é emitido dende o ombreiro, de feito moeller é o primeiro golpe e os demáis son todos rebotes. O truco está en lembrar que o primeiro golpe de cada grupo sexa dous, tres ou catro, sempre ten que ser acentuado e de feito é o único golpe real, os demáis son so rebotes.

Por consecuencia os posibles movementos son catro e son os golpes que constituen a técnica de Moeller.

Full Stroke, Tap Stroke, Down Stroke e Up Stroke.

¿Qué é un rudimento? Definición de Wikipedia: “Rudimento”.