Roque

Roque - Batería

Roque – Batería

Nacín en Santiago en 1990. Con 10 anos empecei a estudar guitarra e a os 16 a ter os meus primeiros grupos. Empecei a estudar batería de forma autodidacta con 17 anos.

O primeiro grupo que tiven aos 18, foi Nightcrawler con un estilo death power metal.
Con 20 anos ingresei nun grupo de música improvisada mesturada con performance poética, e de forma auto editada publicamos un cd “Poema biolento”. Actualmente estamos editando un novo traballo.

Experimentando con diferentes percusións latinas formei Pirocactus en 2014, un trío de música acústica con moita influencia do pop folk dos 60. No 2016 ingreso en Mojo Experience, un grupo santiagués de blues eléctrico fusionado con psicodelia y elementos de rock duro.

Por ultimo formo parte dun grupo de blues/rock/stoner improvisado chamado The Man All Us (pronunciado de manolas) baixo un prisma máis de desfrutar da interpretación que do contido, con un toque de sentido do humor.

Paralelamente dende o 2017 son docente de batería en A Casa Do Rock, escola onde recibín clases con Adrián Hernández durante os anos 2011-2015. A miña formación como percusionista compleméntase coa asistencia á diferentes masterclass, impartidas por músicos como Lar Legido, Francesco Russo ou Bruno Couceiro.