Quen somos?

A Casa do Rock (ACDR) é un centro de formación musical, estudo de gravación e un selo discográfico. Alén diso, A Casa do Rock é unha rede de apaixoados da música e do ensino.

Foto da aula de guitarra da escola de musica A Casa Do RockAula da escola de musica de pianos e guitarra acustica.Aula de harmonía, lenguaje musical da escola de musica A Casa Do Rock

Como xurdiu A Casa do Rock?

ACDR nace no 2011, da asociación de dous músicos e mestres galegos coa aspiración de crear un espazo para a aprendizaxe e a diversión a través da música e a práctica dende o primeiro dia. De contaxiar o gusto pola música co xogo e as experiencias directas. De aprenderlle tanto a amateurs devecentes por tocar os seus temas favoritos como a aqueles con aspiración de tocar profesionalmente nun grupo, tanto como hobby ou como futuro profesional. O noso obxectivo: Desfrutar aprendendo, e aprender tocando.

Como traballan?

A nosa ética de traballo é que aprender é un pracer, non unha obriga. ACDR traballa cunha filosofía versátil, baseándose nos gustos e intereses musicais de cada alumno/a e adaptando o programa lectivo e a dinámica das clases á nosa razón de ser:, o alumnado. Todo iso ao tempo que nos aseguramos de que a selección dos programas vaia cubrindo os aspectos técnicos precisos para o progreso das alumnas e alumnos.

Quen hai na Casa do Rock?

Un equipo composto de músicos, técnicos e pedagogos que comparten unha visión común e unha vida profesional vencellada a musica. A rede docente de ACDR fai seguemento detallado do alumnado e acompañao na descuberta de novas destrezas, harmonías e mesmo mundos musicais.

Que se coce nesa Casa?

ACDR oferta clases de mais de 10 instrumentos (guitarra, batería, baixo, canto, violín, piano, gaita…), unha ducia de profesores con anos de experiencia en distintos ámbitos e un espírito dinámico, sempre buscando responder axeitadamente as necesidades e apetitos cambiantes do alumnado. Apto para públicos entre 3 e 99 anos. A música non entende de idades.

E…iso do Rock?

O rock é a nosa orixe. O que nos une.

A semente da que agromou A Casa do Rock foi o baleiro que existía para poder acceder a unha formación musical especializada na vertente rock, tanto para persoas con coñecementos musicais previos coma para debutantes. Para aqueles que amosan interese en obter un titulo recoñecido no exterior (Rockschool – RSL Awards, UK ), ACDR ofrece formacións especificas e a posibilidade de examinarse oficialmente para as certificacións Rockschool en Santiago de Compostela. E posto que o rock mesmo bebe do rythm & blues, country, folk e música clásica, todo está musicalmente permitido nesta casa. A clave é desfrutar da viaxe de descuberta e aprendizaxe.

ICONO-ESCOLA-ACDRICONO-ESTUDIO-ACDR