Produción Musical (materia)

Impartido por :
MIGUEL ANGEL NOYA VAN DER VELDE

Music Production producción musical rockschool

Music Production

Rockschool Music Production está dirixido a todos os aspirantes a enxeñeiros de gravación, produtores de música electrónica, enxeñeiros de mezcla e de masterización; e en xeral a calquera persoa interesada en comprender a gama de técnicas esenciais para a produción musical moderna. A partir do grado 6, os alumnos poden adaptar a súa aprendizaxe escollendo especialización, dende a produción de audio, a produción de música electrónica ou o son para os medios de comunicación.

En canto a software, cada alumno pode usar a súa aplicación de software preferida de entre: Pro Tools, Logic, Ableton Live, Cubase ou GarageBand.

60% PRÁCTICA Unha mestura de habilidades técnicas de alta tecnoloxía, xunto con unha serie de tarefas enfocadas á industria da produción
25% TEORÍA Comprensión teórica da terminoloxía da produción musical e dos fundamentos de son e audio
15% AUDITIVA Escoita activa dunha amplia gama de técnicas de produción, fidelidad de audio, coñecemento estilístico e ritmo e harmonía básicos

SOBRE O CURSO

O obxectivo do curso é proveer de ferramentas ao músico e ao enxeñeiro de son cos coñecementos teóricos e prácticos para entender cal é a verdadeira función do produtor musical, e que lle permitan desenvolver criterios aplicables en proxectos de gravación profesional.

O contido do obradoiro en todos os seus niveis comprende dende unha avaliación de cómo escoitar música e como entender o que se escoita, ata o desenvolvemento dun menú personal de procedementos e técnicas para afrontar o traballo no estudio de forma eficiente que permitan lograr produtos de calidade e orixinalidade. O obxectivo dos diferentes niveis é que o participante sexa capaz de desenvolver pequenos proxectos nos que mostre os diferentes procedementos estudados.

En todos os casos haberá disponibilidade para dar asesoría personalizada que garanta o éxito do participante para lograr completar os obxectivos do curso.  O curso adáptase á dispoñibilidade de cada participante, tanto en equipos como nos diferentes intereses estilísticos. Para isto cada participante debe encher unha enquisa personal sobre nivel de coñecemento e intereses en estilos de música.

SOBRE O DOCENTE

Miguel A. Noya Van der Velde

noya van der velde

Miguel Noya Van der Velde

Licenciado en Música electrónica, composición e direción polo “Berklee College of Music” (Boston, Massachussets). Estudos de Técnicas de son e composición con ordenadores, polo MIT (Cambridge, USA). Master de Música pola Universidad Simón Bolívar.

Colaborou e realizou performance en vivo con proxectos de diferentes estilos: All My Relations Tour. Dogon con Paul Godwin e Miguel Noya (Letonia, Estonia, Finlandia, Italia Suecia), Esferas Vivientes, música electrónica en vivo (Caracas, Venezuela), Electroestética_ambiental.ve., concerto mixto instrumentos barrocos, folklóricos e electrónicos (Caracas, Venezuela), Huellas, música electrónica (Santiago de Compostela, Caracas) e un longo etc. Conta con numerosas gravacións de estudo para diferentes discográficas: Pilla Discográfica, NewDogs Records, World Domination, etc.

É autor de innumerables composicións orixinais de bandas sonoras de cine, tv e teatro: El Show de Willi, The Holders ,A Better Life, Tres Noches, Zoológico, Puntos Suspensivos, Reto en el Abismo, Volando al Sur, Club Disney, Special K “Kellogs” Cadenas y Consecuencias, Impresiones, El sueño de Eneas, Molly Bloom, Los sueños de la razón producen monstruos… Esta última faceta levouno a gañar varios premios: Mellor música orixinal de video experimental (Festival de cine e video de Mérida); Mellor música orixinal para longametraxe, Mellor tecladista (Festival Nuevas Bandas de Caracas); Mellor produción musical (Revista Producción y Distribución Miami El USA); Mellor música orixinal.

Como docente, impartiu clases de música, composición e teoría musical na Universidade Simón Bolívar e no Conservatorio Filarmónica de Caracas (Venezuela); así como varios talleres e conferencias de secuencias, MIDI e composición con ordenador. Actualmente, imparte conferencias con exemplos demostrativos en institucións de todo o mundo: Fylkingen (Suecia), Massachusetts College of Art, Chesnut Hill School (USA). CEMMAS (México). Universidad Simón Bolívar, Universidad Católica Andrés Bello, Conservatorio Orquesta Juvenil de Venezuela, Universidad de Carabobo, Conservatorio de Maracay (Venezuela).

www.soundcloud.com/miguelnoya
www.reverbnation.net/miguelnoya
www.myspace.com/miguelnoya
www.dogonsound.com