Presentación do libro de José A. Pereira

Presentación Libro Soy Músico a ver si me llaman - Jose Antonio Pereira

Presentación Libro Soy Músico a ver si me llaman – Jose Antonio Pereira

Presentación do libro “Soy músico a ver si me llaman” de José A. Pereira o vindeiro sábado 7 de abril en A Casa do Rock.

¿Pódese vivir da música? ¿Cómo consigo convertirme nun músico requerido e valorado?

Como desenrolar unha carreira musical como instrumentista

- Análise do punto de partida
– Estudo do medio
– Xerando contactos
– Cómo afrontar o traballo
– Conclusións

Quen aspira a ser músico profesional ten ben claro que ten que prepararse a conciencia.

Neste caso trátase dun manual didáctico sobre cómo proceder e actuar para levar a cabo unha actividade profesional como músico. Casi un libro de auto axuda para artistas, dito no mellor sentido, pero aplicable a calquera que intente levar con éxito unha labor profesional neste mundiño.  Consellos sinxelos pero moi efectivos nun libro moi cortiño pero totalmente recomendable.

¿Pódese vivir da música? ¿Cómo consigo convertirme nun músico requerido e valorado?

*Info sobre como adquirir o libro: https://joseantoniopereira.com/tienda/

+ Info do evento: https://www.facebook.com/events/1036148959857377/

Duración: 2 horas e media
Horario: 11:00 h a 13:30 h
Para todos os niveis
Entradas á venta en recepción.
As prazas son limitadas, non o deixes pasar
Prezo: 10€ alumnado ACDR / 15€ externos
Reservas: acasadorock@acasadorock.com / 881979660
 

 

Biografía:

José Antonio Pereira é batería profesional de estudo e directo. Tamén desenrola unha intensa actividade docente na súa escola “La Baquetería”. Entre as bandas e artistas cos que Pereira traballou encontranse; Carlos Baute, Savia, Jorge Salán, Tamara, Merche, Tennessee, Nacho Cano, Inhumanos, Lucía Gil, Los Lunes, Dani Flaco, Chema Vilchez, Javier Pitera, Amistades Peligrosas, Cristina del Valle, Banana Funkoca e Danger.

Colaborou con diversas revistas do sector como Batería Total ou Todo Percusión e patrocina as seguintes marcas; Zildjian, Sonor, Evans, Wincent, Cympad y Sarai Custom Drums.

Biografía detallada:

2016 – Xira española Carlos Baute, Xira Dear Audrey (Vodafone Yu)

2015 – Xira española Carlos Baute, actuación en Leyendas del Rock con Jorge Salán. Actuacións con Danger.

2014 – Xiras de Carlos Baute e Tamara e actuacións con Merche. Actuación no cruceiro Pullmantur polo Caribe con Carlos Baute e xira arxentina en outubro e decembro. Gravación e presentación do disco “Versos y madera” de Dani Flaco.

2013 – Gravación e presentacións do primeiro disco de Lucía Gil. Presentacións do disco “En el buzón de tu corazón” de Carlos Baute. Gravación do disco de Danger “Rescue 1989”.

2012 – Xira latinoamericana de dous meses con Carlos Baute actuando en Arxentina, Bolivia, Chile, Ecuador, Colombia e Venezuela en prazas como o teatro Gran Rex y Luna park. Realiza un curso de batería patrocinado pola Caixa de Burgos en dita cidade.

2011 – Actúa no festival Viña del Mar de Chile con Carlos Baute. Comeza a traballar coa cantante Tamara. Xira de verán de Carlos Baute.

2010 – Realiza parte da xira nacional do musical “Forever King of Pop”. Xira con Judith Mateo – Jose Carlos Molina. Actuacións con Carlos Baute.

2009 – Xira “Colgando en tus manos” de Carlos Baute. Gravación do DVD en directo da xira e actuación en Caracas, Venezuela.

2008 – Xira de verán con Carlos Baute. Gravación do disco “Fragile” de Savia. Xira de presentación de baterías Mapex e Sonor xunto a batería Kiki Tornado en varias cidades españolas.

2007 – Entra a formar parte do grupo Savia cos que realiza algunhas actuacións polo país. Actuación con Carlos Baute no cruceiro Queen Mary II en travesía dende Inglaterra ata Nueva York.

2004 – 06 – Xiras con Carlos Baute. En 2005 inaugura a súa propia academia de batería “La Baquetería”.

2003 – Actuacións con Amistades Peligrosas, Merche e Garret Wall. Participa no 3º encontro de baterías de Valencia.

2002 – Realiza unha demostración para Mapex presentando o modelo Deep Forest. Actúa na presentación do disco en solitario de Pepe Sánchez. Imparte clases maestras para a escola I.M.T. en Canarias e Cantabria.  Acompaña ao guitarrista Francisco Simón nalgúns seminarios que éste ofrece. Durante un par de anos imparte clases na escola Johnny Guitar Studio de Guadalajara.

1998 – 2003 – Traballa co grupo Camela xirando por toda España. No ano 2001 actúa en Santiago de Chile frente a miles de persoas. No ano 2000 xira co grupo “Los Lunes que quedan” presentando o terceiro disco da banda.

1997 – Xira co grupo orquesta Nuevo Traffico.

1996 – Actúa con Nacho Cano nunha festa benéfica en La Riviera de Madrid e no festival da Unesco celebrado no Zenith de Paris, Francia.

1995 – Comeza a impartir clases de batería na escola I.M.T. de Madrid. Esta actividade duraría ata o ano 2005. Xira co grupo orquestra Alcotán. Acompaña ao guitarrista de fusión Chema Vilchez nas presentacións do seu primeiro traballo “El sueño del navegante”.

1992 – 1993 Xira co grupo de Pop Los Lunes e forma a banda Banana Funkoca con Fernando Montesinos e Luis Miguel Navalón.

1991 – 1992 Acompaña ao cantante Carmelo (Década Prodigiosa) na presentación do seu disco en solitario. Posteriormente toca coa banda de rock Hiroshima cos cales actúa nun festival en Montpellier.

1989 – Coa banda de Hard Rock Danger gaña a final nacional do concurso Yamaha Band Explosion. Viaxa a Tokio (Japón) para participar na final mundial donde estaban Bon Jovi e Joey Tempest como parte do xurado.

1987 – 1988 – Realiza algúns concertos coa súa primeira banda Yin Yang. Con eles gañaría a segunda praza no concurso rock Villa de Madrid na súa décima edición.

Esto sería un resumo dos principais traballos. Habería que engadir un sinfín de bandas e artistas de pop, rock, funk, etc cos que colaborou nalgún momento da súa carrera; Javier Pitera, Inhumanos, Nacho Mur, Mariló YeYe, Cristina del Valle, Planeta Jungla, Javier Baez, Abel, Antonio Marcos, Verela, Placi&exministros, La Traición, La Llamada, Musical Castañuelas 90, Canción Animal, Jorge Ahijado, Julio Fowler, David Montes, etc.