Piano

O piano é, musical e históricamente, un instrumento de referencia para calquera músico, incluso se este non é o seu instrumento principal, xa que permite un acercamento á teoría e a prática de forma lúdica, directa e, sobre todo, didáctica. Deste instrumento, destaca non só o evidente protagonismo que veu tendo nos últimos séculos, senón que na música moderna tamén se atopa en contextos e formas moi variadas, con timbres derivados do instrumento orixinal dando orixe a outros novos que xa forman parte da nosa cultura e dos nosos estilos. É un instrumento que permite desfrutar con plenitude da interpretación, a improvisación e a composición de maneira accesible e consciente, individualmente e en grupo.

piano-exams-tile-1

Botones-web-ACDR-white-07

· Coñecer o instrumento, experimentar con el, exploralo e desfrutalo
· Adquirir unha postura axeitada e evitar ou correxir aquelas que se consideren nocivas

· Adquirir hábitos e rutinas de traballo: escoita consciente, práctica regular e iniciativa
· Realizar lectura rítmica e melódica con autonomía
·Adquirir, mellorar ou optimizar a técnica e a lectura en ambas mans (e ambas claves): posición, dixitación, articulación, coordinación e sincronización
· Adquirir técnicas expresivas: legato, staccato, dinámicas de pulsación (intensidade, velocidade…)
· Coñecer os acordes e escalas para unha formación completa e contextualizada na música moderna, dirixida á prática consciente e á improvisación creativa
· Experimentar a nivel melódico, rítmico e harmónico, expresar ideas, improvisar e compoñer
· Adquirir recursos estilísticos que permitan completar e enriquecer a formación musical e o gusto persoal
· Construir un repertorio propio e dotar ao alumnado de ferramentas para traballar musicalmente
· Vivenciar o instrumento en contextos variados: rítmico, melódico, harmónico, solista, grupal…
· Experimentar o pracer de cómo a música pode mellorar a nosa calidade de vida

 

Botones-web-ACDR-white-08

Aula-6-web

Aula de piano e guitarra

· Fundamentos do instrumento e experimentación
· Técnica básica do instrumento: coñecemento do teclado, funcionamento mecánico, posición corporal, colocación das mans, dixitación
· Parámetros do son

· Lectura non convencional e convencional
· Recoñecemento auditivo aplicado ao instrumento e/ou música gravada
· Escalas (maiores, menores, pentatónica, blues, hexátona, etc.)
· Acordes: calidades, tensións, progresións de acordes, etc.
· Enlace harmónico, segmentación e desenvolvemento de acordes
· Recursos de músico solista e/ou acompañante
· Recursos estilísticos
· Recursos creativos e de improvisación
· Lectura coas notacións e fontes de traballo máis habituais

Botones-web-ACDR-white-09

Fundamentalmente o proceso de ensinanza e aprendizaxe basearase na comunicación, a adquisición de técnicas básicas, a escoita consciente dos diferentes elementos da música, particulares e globais, no manexo de fontes de traballo actualizadas e contextualizadas (técnicas, notacións, recursos, bibliografía…), a adquisición de hábitos de traballo progresivo e a interación co instrumento, a música gravada e os demáis músicos; o diálogo e a improvisación para a música e o benestar co fin de desenvolver unha formación enriquecedora, válida e contextualizada.

NIVEL BÁSICO

· Experimentación co instrumento e a súa sonoridade
· Postura corporal axeitada
· Parámetros do son aplicados ao instrumento
· Ubicación dos sons da escala diatónica
· Melodías sinxelas e recoñecibles
· Pasaxes con mans separadas
· Acompañamentos con notas longas e repetidas en ostinato
· Dinámica, agóxica e a súa relación co fraseo musical
· Uso de notación non convencional, e introdución progresiva da convencional
· Lectura de melodías e acompañamentos sinxelos
· Improvisación con patróns sinxelos de pregunta-resposta
· Adquisición e desenvolvemento de hábitos de estudo básicos, corretos e eficaces

Aula-2-web

Aula de piano y canto

NIVEL MEDIO

· Dixitación pianística de forma consciente e autónoma
· Lectura con autonomía e soltura de melodías e acompañamentos
· Familiarización co cifrado americano
· Escalas maiores, menores, e a súa dixitación a dúas mans a través das esixencias propias das obras a traballar
· Recoñecemento de intervalos e calidades de acordes (maiores, menores) tanto no instrumento como na música gravada
· Reprodución de melodías sinxelas de oído coa guía do profesor
· Hábitos para obter información: a través da partitura; e a través da reinterpretación do texto, tendo como eixes a melodía e o cifrado
· Traballo tanto ao piano solo como a través de backing tracks, para comezar a comprender as diferencias en función do contexto musical e profesional
· Improvisación utilizando notas do acorde, escala pentatónica e escala de blues
· Manexo progresivo de conceptos teóricos (linguaxe musical e harmonía moderna) aplicados ao instrumento

NIVEL PERFECIONAMENTO

· Recoñecemento de estilos a nivel auditivo
· Estudo e manexo do comping en profundidade, dende un punto de vista harmónico e rítmico
· Traballo con recursos propios de cada estilo (licks, frases, solos de grandes pianistas, etc), e análise dos mesmos
· Improvisación: notas do acorde, escala pentatónica, escala de blues, escalas maiores e menores, modos e escalas “especiais” (hexátona, simétrica disminuída, be-bop, etc)
· Rítmica nos solos: negras, corcheas, tresillos (de negra e corcheas), semicorcheas e silencios
· Estudo e memorización dos temas por graos, para unha comprensión real que permita ao pianista modificar o ton dun tema se a situación musical o require
· Comprensión das dinámicas de traballo e interpretación dun mismo tema en piano solo, a dúo ou cunha formación de máis integrantes
· Recoñecemento de secuencias de acordes (cadencias, segundo-quinto-primeiro, etc) e acordes alterados
· Lectura en clave de fa e sol de melodías e acompañamentos complexos
· Traballo tanto a través de partituras ortodoxas como a través de outras como as recollidas no Real Book (melodía+cifrado) para incentivar o traballo creativo do alumno, no que terá a mesma importancia o traballo de escoita de diferentes intérpretes como o traballo sobre o propio instrumento

 

Botones-web-ACDR-white-10

· Aebersold, J. (1994). Cómo Improvisar y tocar Jazz. Libro y grabación Play-A-Long para todos los instrumentos. Indiana: Aebersold
· Bastien, J. (19990). Piano. Nivel Elemental. Piano Básico de Bastien.  California: Kjos West
· Bastien, J. (1990). Elemental A-B. Piano Pequeño Principiante. Piano Básico de Bastien. Califonia: Kjos West.
· Berklee College of Music. The Real Book (1970). Wisconsin: Hal Leonard.
· Deneff, P. (2001). Jazz Hanon: 50 Exercises for the Beginning to Professional Jazz Pianist. Wisconsin: Hal Leonard
· Gemiu, T. (2012). El piano. Iniciación. Madrid: Real Musical
· Gemiu, T. (2007). El piano. Preparatorio. Madrid: Real Musical
· Levine, M. (2003). El libro del jazz piano. Petaluma: Sher Music Co.
· Mier, M. (2010).  Jazz, Rags & Blues. California: Alfred Music.
· Vacca, M. (2005). El musigato. Método para el estudio de piano, nivel elemental. Madrid: Carish

 

 
Botones-web-ACDR-white-05
Iconos-secretaria-ACDR-04