Nolo

Nolo - Batería

Nolo – Batería

Nolo provén dunha familia de músicos, pois os seus pais son músicos (músico profesional no caso do pai e da irmá) e conta con un gran número de familiares músicos, tanto profesionais coma afeccionados.
Comezou a súa ensinanza aos 9 anos baixo a batuta de Jesús Nogueira Franco na Banda Cultural de Vilanova de Arousa. Con 13 anos xa formaba parte da súa primeira banda de hard rock NONAME, compartindo banda con persoas moito maiores que el.
A partires de aí tivo a oportunidade de formar parte e colaborar con bandas de música clásica como a Banda Unión de Lantaño (finalista en terceira sección no Certame de Bandas de Pontevedra) e Banda Municipal de Ribadumia entre outras.

NOLO(2)A finais de 2011 decide abandonar as bandas de música e dedica a súa carreira musical a charangas e bandas de rock.
Nolo leva recorrida toda Galicia e parte de España xirando con diferentes formacións dende 2003. Traballou con charangas como Os Avispados, FDA e OT. Tamén formou/forma parte de bandas como Skalopendra, Noite Fechada, Back Road, Toro Loco ou Tira do Peito; e colaborou con bandas como Pito de Pikasso, Fora De Ser Vicio, Brinkadelia Troupe, …
A súa carreira non solo a forxan os directos senón que tamén presenta experiencia en estudos de gravación con arredor de 10 traballos en estudo. A primeira vez que o contratou un estudo foi cando tiña 16 anos. Entre os traballos en estudo atópanse: Con-Visión de Festas (Noite Fechada); A Verjonsa do Jallejo (Noite Fechada); Merda, Imbécil (eres un imbécil) (Skalopendra).

NOLO(3) copActualmente é membro oficial das formacións: Noite Fechada (rock enxebre), Skalopendra (psycho-bravú), Back Road (versións en acústico) e Charanga Mekánika (streetband). Facendo unha media de 100 datas ao ano compaxinándoo coa docencia, pois leva impartindo clases dende 2010 a nen@s e maiores.
Paralelo á música, traballa cunha produtora audiovisual chamada PIB CREW, unha asociación cultural que se dedica aos traballos no sector audiovisual. A parte de vídeos promocionais e videoclips o proxecto máis ambicioso da asociación é a levar a cabo a produción do Festival Rockin’ Vila, nado en Vilanova de Arousa e que conta con catro edicións.

+ Info en https://vimeo.com/nolochazo