Masterclass Guitarra Eléctrica Chema Herrero

My Guitar Secrets: “Mas allá de la Técnica”.

Estructura da Masterclass:
Performance: Interpretarei algunhas das miñas cancións do meu álbum Hero
Crea o teu propio estilo
Desenrolo técnico: Alternate Picking, String Skipping, Legato, Sweep, Tapping, Arpeggios
Desenrolo melódico: Entoación, Vibratos, Bendings e Expresión
Cómo Desenrolo dos meus sos de guitarra: Aplicación das técnicas descritas co meu propio estilo na composición dos meus sos de guitarra.

Entradas: 20€ anticipada (ata 29/10/18)  / 30€ xeral (a partir do 30/10/18)
Sábado 24 de novembro, horario 16h a 19h
Biografía: https://www.neorockschool.com/chema-herrero/
A miña paixón pola música nace dende moi pronta idade, gracias á cal descubro a arte e a maxia da expresión creativa. Encaucei progresivamente os meus estudios a desenrolarme musicalmente cara un son propio, moderno, integrando na miña formación variedade de estilos que van dende a música clásica, blues, funk, fusion, rock e metal, que me aportan un terreo estilístico aberto, fresco e emotivo. Con máis de 30 anos de percorrido musical, máis de 22 anos formando a Músicos e Instrumentistas, continúo emocionándome con cada composición que creo, interpretando as miñas creacións en escenarios de toda Europa e ensinando Música“
________________________________________
A miña Traxectoria
________________________________________

Dende que iniciei o meu percorrido combino a miña labor docente coa de músico de sesión, compositor e interprete.

Formo músicos dende fai máis de 22 anos, gracias a iso realicei deceas de Masterclass, entre elas a destacar un Masterclass de Improvisación aos Profesores do Conservatorio de Palencia, a miña Masterclass “My Guitar Secrets” que compartín co alumnado e profesores da Escola Europea de Palencia.

Realicei Tours con algúns dos músicos máis importantes do mundo do Rock como Tony Hernando, Mike Terrana e Jeremy Colson, compartín escenario con Artistas da talla de Andy Timmons, Mattias Ia Ekluhnd, Jorge Salán, Erik Grönwall e Bandas como Dare, Güru, Hardline, Eclipse entre outras moitas.

A título persoal, o meu álbum “Hero” foi Número 1 de vendas en Amazon en Marzo e Maio do 2013. Actualmente son membro activo da banda de Hard Rock Xtasy, presentamos o noso novo álbum “Second Chance” publicado en Xapón en edición especial, actuamos nas Salas e Festivais máis importantes de Europa.
________________________________________
Bio Académica
________________________________________
Son formador coa calificación de nivel Mestre, Licenciado na Titulación Rockschool en Teaching Level 6 e Grado 8 con Distinción. Estos son os datos da miña traxectoria a nivel didáctico:
• Master Class e Clinics (Clases Maxistrais) cos Mestres Steve Vai, Paul Gilbert, John Petrucci (Dream Theater), Andy Timmons, Joey Tafolla, Virgil Donati, Matias Ia Ekluhnd…
• Titulación Rockschool Level 6 “Licenciatura” por Stuart Slater o 8 de Xullo’2014.
• Titulación Rockschool con Distinción en Neo GuitarHeart por Ed WalKer o 22 Xuño 2013.
• Master Class Rockschool con Jaume Pla en 21 Century Music de Madrid 2011.
• Guitarra eléctrica, Harmonía, etc… no Instituto Avanzado de Música (I.A.M) de Madrid, con Tony Hernando, ’02 – ’03.
• Guitarra eléctrica, Harmonía… no Instituto Music Center de Salamanca con Tony Hernando ‘99 – ’02.
• Guitarra eléctrica e Harmonía funcional e improvisación no Instituto de Música e Tecnoloxía ( I.M.T) de Madrid. ’98 –’99 .
• Formación en Música Clásica, (Guitarra Clásica, solfeo, piano e harmonía) no Instituto “Castilla” con José Luis G. Lubeiro ’92 – ’94 e na Academia “Harmonía” ( 5 anos) con Luis Gomez, José Luis G. Lubeiro… ‘94 – ’99.
• Curso de Interpretación de Guitarra Clásica con D.Demetrio Ballesteros e José Luis G. Lubeiro. 90 h.
• Curso de Improvisación e Interpretación de Música Antigua e Jazz, cos Mestres Jorge Cardoso, Javier Hinojosa e Alfredo Villamañan, 55 horas.
• Curso de Interpretación de Música Clásica, con D.Demetrio Ballesteros e D.Manuel Estévez, 72 horas.