Krecho

Krecho - Batería

Krecho – Batería

BIO:

Son técnico de son, profesor de batería e co-fundador de A Casa do Rock (escola de música e estudio de gravación). Actualmente batería de Fallen Sentinel dende 2012 e exbatería de Kathaarsys (2006-2011) con quen realicei 8 xiras europeas e 1 xira sudamericana, actuando nuns 500 concertos. Gravei 5 discos de estudo, 3 discos de directo e 2 DVD´s. Patrocino como endorser a Mapex, Amedia, Cympad y Pellwood.

FORMACIÓN
Krecho - Batería

Krecho – Batería

Estudiei en 2003/05 Administración de Sistemas Informáticos en Santiago de Compostela. En 2006 comezo a diplomatura de Maxisterio Musical, compaxinando estudos de audiovisuais, e é en 2010 cando convalido créditos para o grao de Maxisterio de Primaria pola USC. En 2011 deixo as xiras para centrarme na fundación de ACDR estudio-escola). Imparto clases de batería ininterrumpidamente dende o curso 2011 y sendo técnico de son no noso estudio, tamén colaborei con moitas bandas como músico de sesión.
Estudiei con diferentes docentes, como Andrés Rivas na escola de Jazz Drops en 2005, Manuel Brey durante 2011 en A Estrada, e en 2012 retomo estudos co primeiro. En 2014 examínome do grado 8 de RockSchool, superando este nivel con Distinction, e actualmente planeo presentarme ao último nivel coñecido como Perfomance Diploma.
En 2015 comezo a compartir ensinanzas en clinics e masterclass xunto a Francesco Russo “Finch” facendo unha xira galega en A Coruña, Santiago e Vigo.