Héitor

Héitor Amenaza en su aula en A Casa Do Rock

Héitor Amenaza en su aula en A Casa Do Rock

Héitor Pose González “Héitor Amenaza”(08/01/1994, Carballo)

 

Formación

1. Héitor Amenaza como intérprete solista en el conservatorio

Héitor Amenaza como intérprete solista no conservatorio

A súa formación como músico comezou no Conservatorio Profesional de Música de Carballo, onde estudiou guitarra clásica, linguaxe musical, harmonía, coro, historia da música… durante 4 años (2002-2006), concedendo varios concertos como intérprete solista.
Canso da arcaica formación clásica, e interesado polos sons máis actuais da música moderna, decide continuar estudios en A Escola Da Rúa (Carballo), baixo a tutela de Martín Cousillas, onde se adentra nos ámbitos de guitarra eléctrica, combo, harmonía, gravación en estudio, arranxos, composición… durante 4 años (2008-2012).
En 2012, continúa estudios en A Casa Do Rock (Santiago De Compostela) baixo a tutela de Alejandro Melchor “Mou Trashno” (Trashnos, Fallen Sentinel, Dark Embrace), onde estudia seguindo a titulación oficial Rockschool, especializándose en música Metal.En 2015 pasa a formar parte do persoal docente do centro, encargándose das asignaturas de guitarra eléctrica, guitarra acústica e combo ata a actualidade.
A formación de guitarrista galego é continua: asiste a clinics, masterclass e encuentros de guitarristas da talla de Guthrie Govan, Mattias Eklundh, Tom Quayle, Andre Nieri, Jack Gardiner, Pablo García, Davish Álvarez, Mike Zágora, David Palau, Tony Martínez, Adrián Phoenix, Miguel Pino, David Patrizzio, Diego Godoy, Miguel Thomas…O artista carballés tamén realiza traballos esporádicos como músico de sesión, arreglista, concertos didácticos… e mantense en activo mediante colaboracións, jam sessions…

 

Grupos

Héitor Amenaza en el Pazo Da Cultura (Carballo), con Falso Jóker

Héitor Amenaza no Pazo Da Cultura (Carballo), con Falso Jóker

Héitor Amenaza forma a súa primeira banda en el 2010, Falso Jóker (Metal, Carballo), onde se estrea como compositor e arreglista. O grupo lanza a súa primeira maqueta “Mitos” no 2011. A banda disólvese no 2012, tras dar una serie de concertos por varios puntos de Galicia.
 Tras a súa saída de Falso Jóker, entra a formar parte da banda de Death Metal/Deathcore/Beatdown Amenaza De Muerte (Malpica De Bergantiños), onde acaba desempeñando as funcións de guitarrista e compositor, dando luz aos traballos Deathcoast (2014) e False Prophets (2017), e tocando en diversas salas e festivais en España e Portugal (Resurrection Fest, Criminal Hardcore Fest, Hell Sweet Hell, Galicia Metalhead…).O seu EP Deathcoast (2014) permítelles formar parte de recopilatorios nacionais como Mother Of Deathcore Vol. 4; Brutal Family, A Spanish Compilation Vol. 3; Tan Real Como El Puto Infierno, Vol. 12… e foi obxecto de crítica de diversos medios de prensa especializada: Subterráneo Heavy, Metal Korner…
O seu último CD “False Prophets” (2017), lanzado baixo o selo discográfico A Casa Do Rock, constitúe un avance a nivel técnico e compositivo na historia da banda, recibindo moi boas reseñas de medios de prensa especializada como Metal Korner o Broken Tomb, aparecendo un dos seus temas no programa Pobos con Música da TVG, y levándoos a formar parte do cartel de Resurrection Fest 2018.
Héitor Amenaza como vocalista en Impaled Corpses

Héitor Amenaza como vocalista en Impaled Corpses

O seu interese pola rama más extrema do Metal levao a aprender canto gutural con Diva Satánica (Bloodhunter, La Voz), con quen atende clases dende finais de 2016. En menos dun ano, entra como vocalista en Impaled Corpses (Extreme Metal, Catoira), banda coa que percorreu gran parte de Galicia y coa que publicou o seu primeiro single “Cidade Sen Lei”. Actualmente encóntrase gravando o seu primeiro EP.
 
 

Influencias

“Sempre me gustou o Metal, aínda que non me pecho a outros estilos e sonoridades”.O guitarrista medrou cos sons de Mike Oldfield, Dire Straits, Eminem, Iron Maiden, Metallica, Epica, Marilyn Manson, Slayer… introducíndose máis adiante na rama máis extrema do Metal con bandas como Cradle Of Filth, Dimmu Borgir, Behemoth, Arch Enemy, Amon Amarth, Dying Fetus, The Black Dahlia Murder, Carnifex, Suicide Silence…Tamén é seguidor de guitarristas virtuosos como Jason Richardson, Andy James, Jeff Loomis…e sempre sentiu admiración por grandes músicos como Steve Vai, Paul Gilbert, Estas Tonne, Guthrie Govan, Mattias Eklundh…

 

Discografía:

Amenaza De Muerte – Deathcoast (2014)

Data de publicación: 27/01/2014
 Estilo: Death Metal/Deathcore/Beatdown
 Selo discográfico: N/A
 Gravación nos estudios de A Casa Do Rock (Santiago De Compostela).Mezcla e remasterización por Erik Monsonís

 

Amenaza De Muerte – False Prophets (2017)

Data de publicación: 11/09/2017Estilo: Death Metal/Deathcore/Beatdown
Selo discográfico: A Casa Do Rock
Gravación por Mou Trashno nos estudios de A Casa Do Rock (Santiago De Compostela)
Mezcla e remasterización por Jeff Estrada (Ascend Mix, New Jersey)

 

Enlaces de interese (@heitor.amenaza, @heitoramenaza)

Facebook: https://www.facebook.com/heitor.amenaza
Twitter: https://twitter.com/HeitorAmenaza