Guitarra acústica

guitarra acústica é, polas súas cualidades e o seu timbre, un instrumento con unha sonoridade rica en matices e posibilidades. Ao igual que outros instrumentos, está presente en multitude de gravacións de todo tipo de estilos, dende a súa incorporación á música de raíz ao longo do século pasado ata a actualidade. Por iso, o seu estudo, prática e desfrute resultan unha experiencia gratificante en moitos aspectos. Ademáis, a guitarra acústica pode ser un arma moi valiosa musicalmente: para acompañar unha melodía de voz, formar parte da sección rítmica, harmónica e melódica dunha bandarealizar gravacións con calidez… En definitiva, trátase dun instrumento moi bonito e sempre presente.

Obxectivos

· Coñecer o instrumento, experimentar con él, exploralo e desfrutarlo
· Adquirir unha postura apropiada e evitar ou correxir aquelas que se consideren nocivas
· Adquirir hábitos e rutinas de traballo: escoita consciente, práctica regular, iniciativa…
· Realizar lectura rítmica e melódica con autonomía
· Adquirir, mellorar ou optimizar técnicas en ambas mans: dixitación, pulsación, coordinació’n, ‘picking’,
trumming’, bend, slide, legato, vibrato, palm mute, tap…
· Coñecer os acordes e escalas para unha formación completa e contextualizada na música moderna, dirixida á prática consciente e á improvisación creativa
· Experimentar a nivel melódico e harmónico, expresar ideas, compoñer e improvisar
· Adquirir recursos estilísticos que permitan completar e enriquecer a formación musical e o gusto persoal
· Construir un repertorio propio e dotar ao alumnado de ferramentas para traballar musicalmente
· Vivenciar o instrumento en contextos variados: rítmico, melódico, harmónico, solista ou grupal
· Experimentar o pracer de cómo a música pode mellorar a nosa calidade de vida

Contidos

· Historia, fundamentos e cualidades da guitarra acústica
· Recomendacións e hábitos para a prática diaria e a escoita consciente
· Rudimentos e técnica básica: rasgado, arpexiado, pulsación, coordinación…
· Lectura melódica, rítmica e harmónica
· Técnicas características e máis específicas: finger-picking, hybrid-picking, alternate-picking, bend, slide, mute, tap, legato…
· Escalas representativas e posibilidades: maior e menor, menor harmónica e melódica, pentatónica maior e menor, escala de blues, modos gregos, escalas alteradas…
· Acordes representativos e posibilidades: acordes en posición aberta e acordes móbiles, tríadas, cuatríadas, acordes con tensións, con cordas ao aire, progresións habituais…
· Recursos estilísticos orientados cara os intereses d@ alumn@ e a construcción dun repertorio propio
· Ferramientas para improvisar, compoñer, arranxar e interpretar temas

Metodoloxía

As clases constarán de media hora ou unha hora semanal, nas que @ alumn@ terá acceso a pautas de traballo, recomendacións, material especializado, e coñecementos que lle permitan alcanzar os obxectivos que persegue. Poderase orientar dende un enfoque totalmente lúdico ata outros máis profesionais (ou ambos), con flexibilidade e coa guía e apoio do profesor.  O proceso de ensinanza e aprendizaxe basearase nos seguintes pilares: a comunicación, a adquisición de técnicas básicas e de hábitos de traballo progresivo, a interación co instrumento, a música gravada, os demáis músicos, o diálogo e a improvisación; todo iso co fin de desenvolver unha formación enriquecedora, válida e contextualizada.

A escoita activa e consciente, así como o contacto cos fundamentos da música de raíz do noso tempo, son unha constante na rutina de clase para coñecer a música, o instrumento e desfrutar de ambos con plenitude. 

NIVEL BÁSICO
Coñecemento do instrumento, exploración e hábitos para o seu coidado
Postura axeitada e correción de aquelas que se consideren nocivas
Notación básica e cifrado para o instrumento
Tocar con tónicas a harmonía de cancións populares e cercanas ao alumn@, nunha corda ou en cordas consecutivas
Técnica básica de pulsado na man do diapasón e de arpexiado básico na outra man
Exercicios que permitan estimular a dixitación correcta en ambas mans, utilizando todos os dedos pertinentes
Acordes básicos en posición aberta e as súas notas raíz
Uso do capo e iniciación na trasposición de acordes
Lectura rítmica e melódica coas figuras e notas elementais
Escala pentatónica e posicións que permitan crear e realizar pequenas improvisacións guiadas
Repertorio atendendo á preferencias d@ alumn@ e ao criterio do profesor.

NIVEL MEDIO
Pulsación en ambas mans e experimentación co timbre do instrumento
Técnica e coordinación con ambas mans: pulsación, dixitación, finger picking, hybrid picking, baixo alterno, baixo continuo, etc.
Técnicas básicas para crear efectos co instrumento: vibrato, legato, bend, slide, tap, mute…
Escalas maiores, menores, escala pentatónica e escala de blues
Acordes cuatríada e os seus arpexios: acordes con tensións e acordes ‘exóticos’
Segmentación de acordes por cordas para crear arranxos
Exercicios e improvisacións sinxelas con diferentes voicings e enlace harmónico
Experimentar con progresións de acordes, crear progresións tonais e asimilar recursos harmónicos
Recursos estilísticos que completen e amplíen a formación musical do alumn@ (especialmente os relacionados co blues, xa que enfatiza o fraseo, a expresión, a rítmica, etc.)
Adestramento auditivo, que permita recoñecer e reproducir de oído, coa guía do profesor, licks claros e melodías de outros instrumentos
Improvisación, expresión de ideas, audicións, temas, etc.

NIVEL PERFECCIONAMENTO
Reprodución de pasaxes, progresións, licks… a través da escoita consciente e activa
Orientación do alumno cara as súas preferencias estilísticas e profesionais, segundo a súa evolución
Adquisición de destrezas e desenvolvemento dun son propio co instrumento
Lectura de partituras e tablaturas de forma autónoma e eficiente
Interpretación de cancións de referencia con dificultades técnicas e musicais, que permitan afianzar o coñecido e evolucionar cara o descoñecido
Acordes con tensións, as súas inversións, posicións e posibilidades
Escalas tonais, modais e arpexios e construción de solos con musicalidade
Creación dunha biblioteca propia de licks, voincings, progresións, etc. e utilizalos conscientemente
Desenvolvemento dun repertorio amplo con criterio e arranxos propios
Improvisación aplicando toda a técnica e teoría coñecida, dende distintas aproximacións.