Gonzalo

Comezo os meus estudos baixo a tutela de Katarina Pflüger en Basilea en 1999 con 6 anos. Baixo un programa propio recibín clases de violín e teoría musical durante 8 anos, período no cal tamén comecei a tocar na orquestra xoven de Basilea.

No 2007 múdome a España e dous anos máis tarde completo a miña formación no conservatorio de Santiago de Compostela baixo a tutela de Roberto Santamaría de 2009 a 2015.

Tamén nese período estiven tocando activamente en 2 grupos de folk metal, Crying Wolves e Tharanis, grupos cos cales dei concertos por toda Galicia.

Actualmente toco nun grupo de folk, Alauda, e tamén toco na orquestra da universidade de Santiago de Compostela.