Festival Fin de Curso 2019

Festival Fin de Curso - Sala Capitol

Durante os días 29 e 30 de xuño celebraremos o Festival Fin de Curso, onde teremos máis de 8 horas de música en directo. Actuará o alumnado de Iniciación á Música e aos Ritmos, actuacións en grupo de diferentes instrumentos, alumnado de “Combo” e profesores da escola.

Gozaremos de dúas tardes cheas de música na Sala Capitol (Rúa Concepción Arenal 5)

Podes mercar a túa entrada de forma individual para o sábado ou domingo (6 €) ou para os dous días (10 €) ENTRADAS Click aquí para mercar

Ademais unha porcentaxe dos fondos recadados será destinada a Obra Social de Pediatría. Grazas a esta colaboración, o Servizo de Pediatría consegue recursos que lle permiten desenvolver programas de investigación e axudar aos doentes máis pequenos e as súas familias a soportar dunha forma máis levadía a estancia no Hospital.

Confirmamos que a maioría das nosas familias xa teñen entradas 🎶 e moitas queren mercar máis das 3 reservadas que tiñan por alumn@.
A partir do sábado 15 Xuño abrimos entradas para todos os q precisedes ata completar aforo, sempre dentro desta web:
Click aquí para mercar as entradas

Lembrade:
➡️ Non se venden entradas en taquilla nin no día do festival.
➡️ A venda online remata 1 día antes do inicio dos festivais, o venres 28 fecha o sistema.
➡️Se tedes calquer problema co pago online, por favor escribide acasadorock@acasadorock.com e poñémonos en contacto coa plataforma web para tentar solucionar !!!
Van ser uns pedazo festivais con + de 400 músicos, non o perdades 🎶⚡

 

¿E se non podes asistir aos Festivais de fin de curso do 29 e 30 de Xuño na Sala Capitol?
¡Hai outra maneira de colaborar! Temos unha “Fila cero” para aqueles que non podedes acompañarnos nesta cita tan especial pero que creedes neste proxecto e queredes colaborar con el. Deste xeito calquera persoa pode adquirir unha ou varias entradas, a recadación desta “fila cero” será destinada 100% a Obra Social Pediatría do CHUS de Santiago de Compostela.
Poñemos a música neste proxecto social coa ilusión de colaborar e dar un impulso a saúde dos pequenos pacientes do CHUS de Santiago.
Grazas a esta implicación o Servizo de Pediatría consegue recursos que lle permiten desenvolver programas de investigación do máximo nivel a pé de cama do paciente, tratando de superarse e mellorar día a día.

Esta aportación reforzará as liñas de investigación que xa están en marcha (enfermidades infecciosas, enfermidades metabólicas, oncoloxía…) e axudará a activar outras novas, especialmente as relacionadas coas enfermidades máis raras e nas que é máis complexo atopar recursos para investigar.
Se queredes aportar o voso grao de area, pódese facer un donativo a seguinte conta do Santander:
ES73 0238 8102 7306 0508 5552
Indicar no concepto: “Fila 0 A Casa do Rock” e pon o teu nome + mail de contacto.
O prezo da entrada Fila 0 non ten mínimo, ti decides a cantidade da túa aportación no momento.
ACLARACIÓN: As “entradas” de fila cero son una colaboración/axuda ao proxecto Obra Social Pediatría, con elas non se permite acceso á sala.

Máis información en http://www.obrasocialpediatria.org/index.html

Moitísimas grazas por todo e Rock n’ roll !!! 🔊🎸🌞🥁