Fátima

Fátima - Iniciación á musica e ritmos

Fátima – Iniciación á musica e ritmos

Fátima Barcia

Son unha das mestras de iniciación á música e aos ritmos para nenas e nenos de idades comprendidas entre tres a seis anos aproximadamente. Levo dedicada á ensinanza no ámbito non formal dende 2010 como Mestra e técnico de Educación infantil. Imparto as miñas ensinanzas baseándome en aprendizaxes cooperativos e primando que os nenos interactúen coa música tendo en conta os piares da educación, aprendendo a ser, aprendendo a facer para posteriormente coñecer. Todo iso póñoo en práctica tendo en conta as Intelixencias múltiples e a intelixencia emocional, primando como eles se sintan e partindo das súas inquedanzas para explorar e manipular as calidades musicais mediante unha forma lúdica e de exploración do instrumento.