Estudio de gravación – Santiago de Compostela

ICONOS-COLOR-2-ACDR-02

 

ACDR conta cun estudo de gravación no que grupos e solistas encontrarán o apoio e as ferramentas necesarias para lograr dar forma aos seus proxectos musicais.
Temos un amplo percorrido no mundo da produción e gravación musical, directos, mestura e masterización.
En cada un dos traballos plásmase o noso gusto pola música, o noso bo facer froito da experiencia e o noso selo de calidade.

 

 

Estudio de grabación

Estudio de grabación

 

O estudo está dividido en dous espazos:

  • O control, que é unha sala cómoda e acolledora onde se encontra o mellor equipo para acadar unha acústica inmellorable e limpa, ideal para a escoita perfecta.
  • A cabina de gravación, espazo totalmente insonorizado coas características adecuadas para conseguir a calidade profesional que buscas. A cabina está comunicada co control a través dun visor e un talkback.

 

A CASA DO ROCK ofrece os seguintes servizos no seu estudo de gravación:

  ► Gravación: gravamos todo tipo de traballos: discos, locucións, maquetas, voces en off

  ► Mestura e mastering: mesturamos e masterizamos as gravacións co noso equipo de alta gama e o persoal máis cualificado obtendo un resultado inmellorable.

 ► Produción: producimos traballos musicais de varios estilos: metal, rock, jazz, pop, fusión, acústico… Podemos producir un disco ou single aportando a nosa visión e asesoramento, así como os recursos materiais que sexan necesarios.

  ► Músicos de sesión: no caso de que precises algún instrumento para gravar o teu álbum ou EP nosoutros temos músicos de sesión á tua disposición con ampla experiencia, o que pode facilitar moito que poidas cumprir o teu proxecto musical nun momento determinado.

  ► Alquiler Backline: temos múltiples opcións para arrendar os instrumentos necesarios. Contamos cun amplo stock de diversos instrumentos/equipo co que podemos cubrir calquera tipo de necesidade técnica. Coidamos ata o último detalle en cada arrendamento revisando que cada artigo funcione antes e despois. Encargamonos da montaxe, das probas de son, desmontaxe e transporte do equipo ao punto necesario, para que a túa única preocupación sexa a de tocar.

Nesta páxina temos 3 formularios online que podes cubrir e envialos en función das túas necesidades. Prepararemos un presuposto segundo as túas necesidades no prazo máis breve posible.

Aluguer backline alquiler equipo
Orzamento estudio presupuesto
Músicos de sesión

Bandas que nos visitaron: Vicky Pollard, Paty Miller, Amenaza de Muerte, Antrotoxo, Crying Wolves, Desbrozadora, Distilling Pain, Noise Box, Okeoh, Sarabia, Strikeback, Balbordo Público, Biribirlocke, Frederick, Fuck Paradise, Golpe Radikal, Hellorice, O Jallo Light, Na Brétema Fénix, Os John Deeres, Slammin Thru, Spindeltop, The Merkels, The Parkimeters, Tungsteno, Uruk, Charanga Mekánica, Labazada, Liz & The BlackSoul Band, Los Hermanitos, Martin Gabrix, Miguel Carrero, Mutant Squad, Outlines, Vieitör, Quantum Music Festival.