Canto

Tendo en conta que cantar é un acto natural e que está intimamente ligado á propia personalidade de cada individuo, esta materia estará orientada cara a adquisición progresiva dunha técnica sólida, que permita paliar as complicacións técnicas e buscar a máxima realización persoal e musical. As clases xirarán arredor de explicacións sinxelas, claras e concretas sobre a correcta técnica vocal, baseadas no uso de “imaxes mentais” dos mecanismos musculares que interveñen na creación da voz. Xa que a diversidade de tipos vocais é tan grande, o proceso estará adaptado ás propias necesidades e características do alumno/a.

tableau-micro-vintage-alu-dibond-90x60-cm

Botones-web-ACDR-white-07

· Coñecer as bases anatómicas e fisiolóxicas do aparello respiratorio, fonador e resoador, aplicadas á voz cantada
· Adquirir unha postura corporal correcta (apostura) e corrixir aquelas inadecuadas
· Empregar métodos de relaxación corporal e mental
· Coñecer e realizar correctamente exercicios variados de respiración, emisión, resonancia e articulación

· Coñecer e usar variadas técnicas expresivas (vibrato, legato, staccato, adornos…)
· Coñecer e empregar métodos de control emocional para paliar a ansiedade escénica

· Empregar a voz cantada como unha fonte de expresión persoal, autodescubrimento e desfrute

 

Botones-web-ACDR-white-08

Aula-2-web

Aula de canto e piano

· Coñecemento da anatomía e estrutura vocal
· Técnica básica do instrumento: exercicios de corrección postural; exercicios respiratorios; exercicios de relaxación muscular
· Vocalizacións variadas e adaptadas (resonancia, articulación, emisión…)
· Parámetros do son
· Recursos estilísticos (vibrato, voces, adornos…)
· Ampliación e mellora do control vocal (tesitura, respiración, apoio,expresividade…)
· Audicións comparadas
· Escalas (maiores, menores, pentatónica, blues…)
· Actividades de control emocional e relaxación mental e corporal
· Recursos de improvisación rítmico-melódica sobre bases ou pezas de diferentes estilos
· Ferramentas para regular e mellorar a presenza escénica
· Nocións e especificacións técnicas do manexo do equipo de son orientado á voz (manexo de micrófonos, cables, conexión,…).

Botones-web-ACDR-white-09

Buscaremos una metodoloxía activa, na que as explicacións técnicas se cimenten na propia práctica, mediante exercicios e actividades baseados na busca de sensacións vibratorias, que propicien a comprensión do proceso por parte do alumnado. Procurarase un traballo globalizado de todos os elementos que interveñen no acto de cantar (postura corporal, relaxación, respiración, emisión…), mediante o uso de diversidade de recursos (bibliografía, gravacións, audicións…) procurando a motivacióndo alumnado e favorecendo a propia expresividade musical.

 

NIVEL BÁSICO
Bases anatómicas fundamentais do aparato respiratorio e fonador
Exercicios respiratorios axeitados á execución da voz cantada aplicando o seu mecanismo
Métodos de relaxación (Alexander, Feldenkrais…) e realización dos mesmos adaptados ás necesidades do canto
Postura corporal correcta como base do equilibrio no canto
Interpretación de pezas sinxelas adaptadas ao gusto do alumnado
Gravación de pezas para escoitar e analizar a nosa propia voz
Escoita activa de música co fin de adquirir cultura musical e establecer un concepto estético que permita ao alumno fundamentar y desenvolver os propios criterios interpretativos
Exercicios de dicción e articulación axeitada para o idioma no que se canta
NIVEL MEDIO
Técnicas de respiración costo-diafragmática e apoio diafragmático
Exercicios corporais para o fortalecemento da parede abdominal
Hábitos vocais saudables e minimización dos actos que danen a voz (ampliación progresiva)
Variados exercicios e vocalizacións con intervalos máis amplos
Gravacións para seguir a evolución do alumnado
Medios e recursos para o manexo das problemáticas de tipo psicológico (estrés, ansiedade escénica, medo escénico)
Posibilidades vocais en relación ao timbre, flexibilidade,extensión, repertorio, calidades expresivas
Corrección dos malos hábitos (posturales, tics…) durante o acto de cantar
Lectura e estudo de partituras e uso da terminoloxía vocal
NIVEL AVANZADO
Estilos musicais vocales, ademáis de especializarse acorde aos gustos propios
Práctica de variedade de escalas
Práctica dos diferentes modos
Improvisación vocal
Gravación propia de cada alumno para observar a evolución do mesmo
Recursos para a mellora da presenza escénica
Manexo dos diferentes tipos de micrófonos
Harmonización de unha voz principal (terceiras, quintas, sextas,…)
Aumento da complexidade rítmica e harmónica das pezas musicais a traballar

Rockschool-Female-Vocals-600x600Botones-web-ACDR-white-10

 

Asselineau, M. e Berel, E. (1991). “Audición e descubrimento da voz”. Courlay: J.M Fuzeau.
Ferrer Serra, J. S (2008). “Teoría, anatomía e práctica do canto“. Barcelona: Herde
Graham, H. (1979). “Como cantar“. Londres: Edaf
Mansion, M. (1974). “O estudo do canto: técnica da voz falada e cantada“. Buenos Aires: Ricordi Americana.
McCallion, M. (1989). “O libro da voz”. Barcelona: Urano.
Quiñones, Carmen (1997). “O coidado da voz: Exercicios prácticos”. Madrid: Editorial Escuela Española.
Riggs, Seth (2011). “Cantar como las estrellas“. Milano: Volonte & CO
Villagar, Isabel (2015). “Guía práctica para cantar“. Barcelona: Redbook Ediciones.

 
 

 
Botones-web-ACDR-white-05
Iconos-secretaria-ACDR-04