Escola de música

En A Casa do Rock ofrecemos dúas modalidades de ensinanza musical, a libre (clases particulares) e a modalidade oficial Rockschool. Tamén completamos o aprendizaxe con masterclass de artistas de renome e de obradoiros e cursos innovadores da man de distintos profesionais do sector:

Modalidad Libre

 

Estas clases desenvólvense a través dun programa persoalizado baseado nun sistema pedagóxico eminentemente práctico, sen ter que estudiar materias complementarias, no que se procura impartir a teoría imprescindible e centrar a atención principalmente no instrumento. O alumno é quen marca o ritmo de aprendizaxe, pois as clases se axustan ás súas características e intereses persoais para fomentar a súa motivación e incentivar o disfrute do instrumento. Neste sistema os alumnos non teñen exames.

Os instrumentos que se imparten en A Casa do Rock son: guitarra eléctrica, guitarra acústica, guitarra española, baixo eléctrico, piano, batería, canto moderno, gaita, whistles, violín e requinta.

Modalidad Oficial

 

triptico-modalidad-rockschool-A-Casa-do-RockNa titulación Rockschool, impártense clases tanto prácticas como teóricas: prácticas que veñen propostas polo currículo da Rockschool (a través do material didáctico propio da entidade), e teóricas propostas por A Casa do Rock, o que garante unha boa formación e afianza a obtención do título con recoñecemento europeo que proporciona este prestixioso programa de exames.

As materias de reforzo son: linguaxe musical, harmonía, improvisación, composición e combo. Os instrumentos ofertados para a Rockschool, son: guitarra eléctrica, baixo, batería, piano, teclados e canto.

Obradoiros e masterclass

 

Os obradoiros e masterclass que se van programando ao largo do curso son de carácter aberto, polo que non é preciso ser alumno da escola para asistir.

Ponte en contacto connosco para estar informado dos próximos obradoiros, cursos e masterclass que se celebrarán durante o ano lectivo.

Ademáis somos o primeiro centro oficial RockSchool en Santiago, podendo así ofertar unha titulación homologada a nivel europeo para completar os teus estudos musicais.

¿Que é iso de RockSchool?

A RockSchool é unha organización examinadora establecida no Reino Unido dende 1991 que ofrece titulacións acreditadas en música moderna para guitarra eléctrica, baixo, batería, piano, teclados e voz.

Logo da escola de musica oficial Rockschool

Rockschool ofrece exames de grao desde Debut ata o Grao 8 (equivalente ao grao profesional de conservatorio), así como Diplomas de nivel superior en ensino musical e interpretación (que equivalen ao grao superior de conservatorio e a carreiras universitarias). A Casa Do Rock poderá prepararte para estes exames que serán realizados a final de curso polos profesores da RockSchool, que virán desde Reino Unido.

Escola de musica oficial rockschool en Santiago de Compostela

As cualificacións acreditadas por RockSchool son válidas no contexto do Tratado de Boloña da Unión Europea e están integradas no Marco Europeo de Cualificacións (EQF -European Qualifications Framework). Polo que tódolos certificados RockSchool teñen asociados o correspondente nivel de EQF, o que che permitirá que as túas cualificacións consten de recoñecemento formal noutros países da UE.

Libros o da Rocschool en Santiago de compostela

Calendario escolar

O calendario escolar parte dos festivos nacionais 2016/17. Sen embargo, tanto ao longo do curso coma no verán, A Casa do Rock irá programando diferentes actividades, obradoiros, masterclass…que poderán organizarse en datas sen contar con estes días festivos e durante fins de semana.

12 OUTUBRO: DIA DA HISPANIDADE// 1 NOVEMBRO: TODOS OS SANTOS // 6 e 8 DECEMBRO: CONSTITUCIÓN E INMACULADA CONCEPCIÓN // 24 DECEMBRO – 6 XANEIRO: NADAL // 12-13 FEBREIRO: ENTROIDO // 26-31 MARZO: SEMANA SANTA // 1 MAIO: DÍA DO TRABALLO // 5 MAIO: ASCENSIÓN // 17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS // 25 XUÑO: APÓSTOLO

 

Calendario Escolar 2017 2018

Calendario Escolar 2017 2018

 

 

 
Botones-web-ACDR-white-05
Iconos-secretaria-ACDR-04