Edición de Partituras con Sibelius


Curso-Sibelius-web
Destinatarios

Profesores, estudiantes e profesionais da música que desexen executar, imprimir e publicar partituras musicais, a través de Software de edición profesional.

Obxectivos

Edita e publica as túas propias partituras
Utiliza as ferramentas de edición de son
Usa instrumentos virtuais
Convirte as partituras en secuencias MIDI
Crea as túas composicións e arreglos
Crea os teus exercicios didácticos
Escoita como soa a música que escribes

SOBRE O CURSO

Con este curso aprenderás as diferentes ferramentas que ofrece o programa de edición de partituras Sibelius; ferramenta fundamental para todo tipo de actividades musicais tales como a ensinanza, a interpretación e a composición musical. Este programa constitúe unha poderosa ferramenta de traballo para músicos xa que che permite crear as tús propias partituras, así como compoñer ou transcribir calquera tipo de música, ou tamén facer os teus traballos de harmonía, transcripcións, composicións, etc, e poder escoitalos ao momento.

Sibelius é un dos programas de notación musical máis vendido do mundo, apreciado polos principais compositores e editores e tamén polos alumnos. Con Sibelius 7, podes expresar, acelerar e promover a túa creatividade máis que nunca, permite crear partituras profesionais rapidamente e compartir versións en audio e vídeo do teu traballo cun fraseo musical sorprendentemente realista. 

PROGRAMA DO CURSO

      • Instalación do programa
      • Conceptos xerais e principais funcións do programa
      • Escritura para piano
      • Escritura de arreglos
      • Edición de partituras
      • O editor de partituras como secuenciador MIDI
      • Grafías contemporáneas
      • Diferentes métodos para a introducción de notas
      • Emprego das articulacióne e matices
      • Worksheet Creator
      • Busca e reprodución de arquivos MIDI en Internet
      • Edición e modificación de arquivos MIDI co editor de partituras
      • Visualización e impresión de partituras e as súas posibles configuracións
      • Introdución de texto nunha partitura
      • Exportar e importar arquivos para a impresión ou comercialización online 

 

Preinscripción online SIBELIUS:

Nome e apelidos

Teléfono

E-mail

Actualmente son alumno da escola:

Tes algún coñecemento previo de SIBELIUS?
 Si Non

SOBRE O DOCENTE

Miguel A. Noya van der Velde

Licenciado en Música electrónica, composición e dirección polo “Berklee College of Music” (Boston, Massachussets). Estudos de Técnicas de son e composición con ordenadores, polo MIT (Cambridge, USA). Master de Música pola Universidade Simón Bolívar.
Colaborou e realizou performance en vivo con proxectos de diferentes estilos: All My Relations Tour. Dogon con Paul Godwin e Miguel Noya (Letonia, Estonia, Finlandia, Italia Suecia), Esferas Vivientes, música electrónica en vivo (Caracas, Venezuela), Electroestética_ambiental.ve., concerto mixto instrumentos barrocos, folklóricos e electrónicos (Caracas, Venezuela), Huellas, música electrónica (Santiago de Compostela, Caracas) e un largo etc.

Conta con numerosas grabacións de estudo para diferentes discográficas: Pilla Discográfica, NewDogs Records, World Domination, etc. É autor de innumerables composicións orixinais de bandas sonoras de cine, tv e teatro: El Show de Willi, The Holders ,A Better Life, Tres Noches, Zoológico, Puntos Suspensivos, Reto en el Abismo, Volando al Sur, Club Disney, Special K “Kellogs” Cadenas y Consecuencias, Impresiones, El sueño de Eneas, Molly Bloom, Los sueños de la razón producen monstruos… Esta última faceta levouno a gañar varios premios: Mellor música orixinal de video experimental (Festival de cine e video de Mérida); Mellor música orixinal para longametraxe, Mellor tecladista (Festival Nuevas Bandas de Caracas); Mellor produción musical (Revista Producción y Distribución Miami El USA); Mellor música orixinal

Como docente, impartiu clases de música, composición e teoría musical na Universidade Simón Bolívar e no Conservatorio Filarmónica de Caracas (Venezuela); así como varios obradoiros e conferencias de secuencias, MIDI e composición con ordenador. Actualmente, imparte conferencias con exemplos demostrativos en institucións de todo o mundo: Fylkingen (Suecia).Massachusetts College of Art, Chesnut Hill School (USA). CEMMAS (México). Universidade Simón Bolívar, Universidade Católica Andrés Bello, Conservatorio Orquesta Juvenil de Venezuela, Universidad de Carabobo, Conservatorio de Maracay (Venezuela).

www.soundcloud.com/miguelnoya
www.reverbnation.net/miguelnoya
www.myspace.com/miguelnoya
www.dogonsound.com