Category Archives: Uncategorized

Curso 2013/2014 Centro Oficial Rockschool

2013-08-19_curso 13.14 FOTOMatrícula aberta para o novo curso 2013/2014, con 8 profesores especializados en músicas modernas, entre os que hai dúas novas incorporacións: Paula Deiros, e Plácido García (guitarrista en Mutant Squad). 

TITULACIÓN OFICIAL ROCKSCHOOL:
Este curso 2013/2014 “A Casa Do Rock” converteuse en centro oficial RockSchool. Podendo así ofertar unha titulación oficial e válida a nivel europeo.
E qué é iso de Rockschool?
Pois Rockschool é unha organización examinadora establecida no Reino Unido dende 1991, que ofrece titulacións acreditadas en música moderna para guitarra eléctrica, baixo, batería, piano, teclados e voz. Rockschool ofrece exames de grao desde Debut ata o Grao 8 (equivalente ao grao profesional de conservatorio), así como Diplomas de nivel superior en ensino musical e interpretación (que equivalen ao grao superior de conservatorio e a carreiras universitarias).
As cualificacións acreditadas por Rockschool son válidas no contexto do Tratado de Boloña da Unión Europea e están integradas no Marco Europeo de Cualificacions (EQF – European Qualifications Framework). Podo que tódolos certificados RockSchool teñen asociados o correspondente nivel de EQF, o que che permitirá que as túas cualifiacións consten de recoñecemento formal noutros países da UE. 

 

 

Curso de verán 2013

2013-06-22_cursos de verán FOTO

Abrimos o prazo de inscrición durante o mes de xuño para anotarse aos CURSOS DE VERÁN, que serán impartidos nos meses de xullo e agosto. Prazas limitadas!

CLASES INDIVIDUAIS:
* Guitarra eléctrica e acústica
* Canto
* Batería
* Baixo eléctrico
* Piano
* Gaita
* Whistles
* Percusión tradicional: bombo, tambor e pandereta
* Logopedia

CLASES COLECTIVAS:
* Linguaxe musical
* Harmonía
* Combo musical

Matrícula aberta Curso 2012/2013

2012-08-30_comezamos novo curso FOTOXa podes matricularte no novo curso 2012/2013 de “A Casa Do Rock”, con 7 profesores especializados en músicas modernas: piano, baixo, canto, guitarra, batería, violín e gaita. E ademáis incorporamos materias teóricas colectivas que che axudarán a completar a túa formación musical: linguaxe musical, harmonía, improvisación, composición, e combo musical.

Aínda que a matrícula en “A Casa Do Rock” é aberta e podes apuntarte en calquera momento, se te matriculas durante os meses de xullo e agosto poderás escoller máis facilmente materias, profesores e horarios para as túas clases.


Se precisas máis información, podes poñerte en contacto:
acasadorock@acasadorock.com
635105608 / 627759285

 

Taller para o bo uso dunha batería

2012-05-02_taller batería locales concello stgo FOTOO Concello de Santiago e A Casa do Rock organizan o “Taller para o bo uso dunha batería”, cuxo obxectivo é formentar o coidado, mantemento e utilizacion das baterías nos locais de ensaio de San Lázaro.  O taller constará de 2 sesións, de 3 horas cada unha, na que se tratarán os seguintes aspectos:

 – Aprender a afinar unha batería
– Disposición do set de batería
– Configuracións segundo o estilo musical
– Cambio de parches: tipos
– Elección de baquetas
– Mantemento dos herraxes
– Mantemento e coidado dos pratos

 

Clases de piano

381468178624774 - copiaRita Castro incorpórase á escola como profesora de piano, impartindo clases personalizadas a todas as idades. Se che interesa asistir a clases con ela, ponte en contacto con nós por teléfono, mail, facebook, twitter… temos horarios flexibles e personalizados!

Con esta nova incorporación xa son 6 instrumentos os que podes aprender a tocar en A Casa Do Rock!!

381468178624774

Gravación do CD recopilatorio Xprésate-Oh!

O estudio de gravación de A Casa Do Rock ven de gravar, mesturar e masterizar o CD recopilatorio Xprésate-Oh!, unha iniciativa do Concello de Teo que pretende promover as bandas locais que intentan saír adiante dende este municipio. O CD será o agasallo institucional que entreguen os reis magos o día da cabalgata.

A listaxe de grupos e cancións do cd é a seguinte:2011-12-31_xpresate-oh teo foto

  1. A Tapa do Delco – “Suma”
  2. Desequilibrio Mental – “Desencontro”
  3. Ecce Homo – “A historia do vello Ramón”
  4. Glasgow – “Quero volver empezar”
  5. Medomedá – “Xubidú”
  6. Meiga do Norte – “Ti non dependes do mundo”
  7. Nemain – “Soños que veñen do tempo”
  8. Okeoh – “Amigho”
  9. Royalties – “Misfits”
  10. Uruk – “A viaxe” (Dende Morelia (Mex) ata Luou)