Bernardo

Bernardo, Guitarra eléctrica

Bernardo, Guitarra eléctrica

Bernardo Pita Carballeira

Bernardo Guitarra acústica

Bernardo, guitarra acústica

Comeza a súa andadura coa guitarra á idade dos 6 anos movido pola curiosidade de ver ós seus irmáns maiores tocar dito instrumento.
Dous anos despois consegue praza no conservatorio de Ferrol, acadando moi bos resultados xa dende estes primeiros anos de carreira musical e logrando acadar quince anos máis tarde o título superior no COSMAC(A CORUÑA)con resultado de sobresaínte.
Neste longo período de tempo realiza diferentes cursos con prestixiosos guitarristas de nivel internacional: Jorge Cardoso, Miguel Trapaga, Alex Garrobe, Carlo Marchione, Zoran Dukic, etc.
A súa vida non se centra so na guitarra clásica xa que con 14 anos comeza a súa andadura coa guitarra eléctrica!!!!!
Aproveitando os coñecementos clásicos comeza de forma autodidacta coa eléctrica e pronto xa comeza a formar parte de grupos de heavy metal fundamentalmente.
Cos anos o seu estilo centrase máis no rock clásico, formando parte de bandas coma The Homeless (A Coruña)coa que realiza máis de 150 concertos en menos de dous anos…
Actualmente tamén forma parte de A Maquina de Mallar, Khitara, Barrock, todas elas abarcando diferentes repertorios.
Dende fai dez-doce anos aproximadamente comeza a súa labor didáctica impartindo clase en diferentes escolas e conservatorios, acadando moi bos resultados os seus alumnos tanto a nivel afeccionado coma profesional (probas de acceso a conservatorio)