Baixo eléctrico

Nesta asignatura aprenderemos a disfrutar deste intrumento, co cal poderemos desenvolver unha faceta principalmente rítmica, como base dunha canción, pero á súa vez, unha faceta melódica, descubrindo as mil posibilidades do mesmo mediante a práctica amena e divertida acorde ao nivel d@ alumn@. Descubriremos un instrumento fascinante, a súa historia, as súas posibilidades, e traballaremos/estudiaremos divers@s baixistas que puxeron un punto e a parte na historia da música moderna. Descubriremos porqué o baixo eléctrico é históricamente o instrumento do Rock por excelencia e demostraremos que @s baixist@s tamén saben bailar e lucirse!

bass-exams-tile-1Botones-web-ACDR-white-07

· Coñecer o instrumento en toda a extensión das súas posibilidades.
· Desenvolver un grado de destreza na execución que permita desenvolverse coa maior soltura posible nel, enfrentándose a dificultades dun certo nivel.
· Desenvolver a rapidez de reflexos na lectura a primeira vista.
· Desenvolver a capacidade de lectura en timbres distintos ao polifónico.
· Adquirir as diferentes técnicas para a afinación do instrumento como fase previa para a execución.
· Asimilar os conceptos propios da linguaxe musical e da harmonía, lograr o nivel de lectura necesario para a interpretación de guións, partituras e notacións específicas para baixo eléctrico, cun nivel acorde aos contidos de cada curso.
· Coñecer as características técnicas do instrumento e o seu mantemento, empregar os accesorios, os efectos, o material de amplificación e de ecualización para a adaptación adecuada a unha situación musical concreta.
· Adquirir e aplicar progresivamente ferramentas e competencias para o desenvolvemento da memoria.
· Desenvolver a capacidade de lectura a primeira vista e aplicar con autonomía progresivamente maior os coñecementos musicais para a improvisación co instrumento.
· Interpretar un repertorio que conteña obras representativas de dificultade adecuada a este nivel.

Botones-web-ACDR-white-08

Aula de baixo

Aula de baixo

· Técnica e posibilidades sonoras e expresivas do instrumento
· Entrenamento auditivo necesario para perfeccionar gradualmente a calidade sonora
· Técnicas para a afinación do instrumento como fase previa para a execución
· Historia, evolución e características do instrumento en relación cos diferentes xéneros musicais que forman parte da música moderna e o jazz
· Linguaxe musical e harmonía: lograr o nivel de lectura necesario para a interpretación de guións, partituras e notaciones específicas para baixo eléctrico, con fluidez.
· Características técnicas do instrumento e o seu mantemento: utilización dos accesorios, os efectos, o material de amplificación e de ecualización para a adaptación adecuada a unha situación musical concreta e para investigar na creación de novas sonoridades
· Coñecementos musicais necesarios para solucionar os diversos problemas de execución que poidan presentarse relativos á dixitación, fraseo e dinámica
· Precisión rítmica e interiorización do “tempo”

· Desenvolvemento da memoria
· Improvisación co instrumento

Botones-web-ACDR-white-09

A clase constará de unha ou media hora de tempo, durante a cal se realizarán diferentes estudios, exercicios e
repertorios. Recomendarase o traballo na casa por parte d@ alumn@, cunha serie de exercicios que serán repasados na seguinte clase. Os avances serán obxectivos concretos a corto plazo que axuden a cada alumno a superar as dificultades e millorar como músico. A clase individual semanal terá un seguimento continuo por parte do profesor para supervisar as tarefas requeridas na clase anterior, correxir se é preciso certos aspectos e ofrecer solución aos problemas plantexados. Facilitaranse materiais didácticos e recomendarase bibliografía e material audiovisual que axuden a crear unha imaxe sonora das posibilidades do instrumento no coñececemnto de cada alumn@, ademáis de expandir a súa cultura musical. Daranse consellos para crear un entorno de estudio axeitado e demostracións de como empregar diferentes ferramentas e soportes que axuden ás tarefas de estudio do instrumento: emprego do metrónomo, entorno axeitado, emprego de programas de acompañamiento automático, play-along, gravación en audio das interpretacións d@ alumn@ e a súa posterior análise, etc. Potenciarase a faceta creativa e a capacidade de improvisación plantexando exercicios que estimulen a inventiva e a aplicación práctica de ferramentas musicais que se estean traballando: acordes, arpexios, progresións, escalas, modos, dinámicas, estilos, métrica, acentos ou calquera outro elemento.

NIVEL BÁSICO
Iniciación ao instrumento
Coñecer o baixo e comezar a desenvolverse minimamente co mesmo, comezando ademáis a coñecer as notas e as diferentes posturas elementais
Coñecer o instrumento
Familiarizarse co instrumento

Uso do metrónomo
Coñecer as notas.
Posición da man dereita

Posición da man esquerda
Hixiene postural
Exercicios de quecemento
Primeiros estilos: introducción ao Rock, pop, funk…
Iniciación á lectura: clave de fa, figuras, silencios, partituras…
Exercicios técnicos para o desenvolvemento e fortalecemento dos dedos
Exercicios rítmicos
NIVEL MEDIO
Continuación do xa aprendido, onde perfeccionaremos o noso estilo, aprenderemos técnicas novas e efectos, e comezaremos a traballar a harmonía aplicada ao baixo eléctrico.
Pulsación
Combinacións de dedos da man dereita

Saltos de cordas
Coñecemento de todas as notas do diapasón
Exercicios mecánicos para desenvolver a coordinación e independencia de ambas mans
Combinacións numéricas realizadas en series de semicorcheas
Desenvolvemento da lectura a primeira vista
Perfeccionamento da lectura en clave de fa

Iniciación á harmonía aplicada ao baixo eléctrico: formación de acordes e arpexios, primeiras escalas
Cambios de posición
Exercicios técnicos para coller seguridade e desplazarse por todo o diapasón

Efectos no baixo: muttings, glisandos, picados, ligados (hammer-on e pull-off), armónicos naturais, tresillos…
Iniciación ao slap e diferentes técnicas percusivas
Estudio da acentuación
Iniciación á improvisación ao blues
Perfeccionamento de diferentes estilos
Aprendizaxe e manexo da escala maior e menor nalgunhas posición
Entender a música como linguaxe: transmitir tocando

NIVEL PERFECCIONAMENTO
Contamos xa cun nivel avanzado, onde poderemos sacar todo o partido ao instrumento, tocar estilos avanzados, traballar calquer tipo de execución e técnica, e aplicaremos amplos coñecementos de harmonía ao baixo

Profundizar no dominio do baixo eléctrico, desenvolvendo un maior nivel de independencia e coordinación de ambas mans
Coñecer e dominar unha gama progresivamente maior de acordes tríadas e cuatríadas, así como mecanizar patróns de liñas de baixo de uso común en estructuras armónicas comúns
Profundizar no coñecemento da notación para baixo e na interpretación de cifrados e partituras de maior complexidade
Traballo máis elaborado e preciso de entrenamento auditivo
Coñecemento e dominio das escalas pentatónicas, maiores e menores, en diferentes tonalidades e posicións.
Perfeccionar técnicas de execución cos dedos
Desenvolver a capacidade de interpretación co baixo en moi diferentes estilos con soltura e independencia.
Desenvolver e practicar a memoria
Perfeccionar técnicas específicas do instrumento como ligados, stacatto , apagado de man esquerda, slide, acentos…
Interpretar un repertorio variado e significativo de diferentes estilos musicais nos cales o baixo eléctrico emprégase habitualmente: blues en diferentes estilos rítmicos (shuffle, subdivisión binaria, funky, slow blues, etc.), swing, diferentes ritmos latinos, tumbao, rock de diversas tendencias, funk, reggae, etc…
Perfeccionamento da dinámica
Improvisación sobre blues ou funk: interpretación de solos
Traballo e dominio de diferentes escalas
Aplicación de harmonía ao baixo eléctrico a alto nivel
 Botones-web-ACDR-white-10

Bass Fitness“, Josquin Des Pres
“Bass Bible”, Paul Westwood

“Electric Bass. Scales and Arpeggios“,  J.P. Dias
“Funky Fingers”, Robert Lindmaier
“Bass Extremes”, Steve Bailey & Victor Wooten
“Bass Workshop”, John Patitucci

“Ultimate Ear Training for Guitar and Bass”, Gary Willis
“Cuatro Cuerdas. Método de bajo eléctrico”, Gustavo Gregorio.
“Yamaha Bass Lessons”
“Building Jazz bass lines”, John Carter
“Slap Bass Esential”, Josquin Des Pres
“Art of Slap for Bass”, Brian Emmel
“Slap Bass Program”, Alexis Sklarevski
“Teoría Musical y Armonía Moderna 1 y 2″, Enric Herrera

 
Botones-web-ACDR-white-05
Iconos-secretaria-ACDR-04