Apoio musical escolar


Nestas aulas o alumno conseguirá unha destreza musical para acadar os obxetivos das aulas de primaria e/ou secundaria, superandoos para disfrutar da música máis alá dunha mera asignatura.

Non é necesario ningún coñecemento previo, comezamos dende cero para acadar un amplio nivel musical, tanto práctico como teórico. A criterio do alumno e dos pais, estas aulas poden ser individuais ou colectivas non superando os tres alumnos. 

Contidos

· Instrumento musical (o requerido na escola/instituto: frauta, piano, xilofono…)
· Linguaxe musical
· Teoría musical

Aula-4-web

Aula de teoría musical

Obxectivos xerais

Acadar os niveis do currículo escolar e superalos
Facer ver a música coma expresión, non coma simple asignatura
Incentivar a escoita activa da música, así como o seu posterior estudo
Coñecer e ver os instrumentos distintos dos da institucion

Aspectos que imos a traballar

· Destreza na lectura musical máis aló da requerida na institución:
Ritmos binarios 2/4 4/4 2/2

Ritmos ternarios 3/4
Lectura de redondas, brancas, negras, corcheas e semicorcheas, e os seus silencios
Lecturas en clave de sol con dúas liñas adicionais por enriba e por debaixo
· Destreza no instrumento desexado:
Frauta

Piano
Xilófono
Darase prioridade ás pezas do centro do alumno. Paralelamente traballaranse outras de diferentes estilos segundo o seu gusto, así como diferentes exercicios técnicos para acadar maior limpeza e destreza no instrumento.
· Acadar coñecementos amplos teóricos e práticos:
Entonación de melodías

Ditados rítmicos e melódicos
Recoñecer instrumentos
Construción de escalas maiores e menores e as súas armaduras
Primeiros exercicios de harmonía
Coñecemento da simboloxía das partituras (claves, compases, repeticións, ligaduras de expresión e duración, etc.)
· Organoloxía dos instrumentos

Materiais

·Instrumento requerido, de ser posible
· Libreta pautada
· Material do colexio/instituto