Álex

Álex Baixo

Álex Baixo

Álex Mariño

Álex contrabaixo

Álex contrabaixo

Comeza os seus estudos musicais aos 10 anos con clases ocasionais de guitarra e aos 15 matriculase no conservatorio de Santiago de Compostela, esta vez interesado pola percusión, aínda que o seu interese pola música moderna lle leva a comezar pouco despois na Escola Estudio, formándose con Andrés Rivas (batería), Sally Albaugh (solfeo) e Suso Atanes (harmonía moderna).
Tras uns anos compaxinando estudios e actuacións con diferentes bandas de música moderna, decide ampliar a súa formación no estranxeiro (Reino Unido) co baixo eléctrico como instrumento. Estudia nol Greenbank College de Liverpool con profesores como Jake Newman, Les Bolger, Paul Taft, Dave Joseph e otros. Nesa etapa colabora con artistas locais como Prince Ola, Oscar, Bull, Roach e Mamadou and the Libidor Band, sendo esta última banda de música ‘mbalax’ unha gran influencia para el.
Despois de cinco anos en Reino Unido decide volver a España para continuar a súa formación na Escola Drops, con Kin García como profesor, simultaneando esta actividade con traballos en diferentes orquestras de baile e bandas de diversos estilos.
Despois duns anos apartado da actividade musical retoma os seus estudos de harmonía e improvisación na Escola Estudio ademáis de contrabaixo clásico no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela con profesor Juan Cañada.
Finalmente, obtén a licenciatura no Conservatorio Superior de Música de A Coruña na especialidade de contrabaixo jazz, con Iñigo Azurmendi como tutor. Actualmente dirixe o seu propio trío de jazz, fai traballos de composición e arranxos e colabora con bandas de pop, rock e otros estilos.