Adestramento Auditivo


A materia de adestramento auditivo pretende aportar recursos, estratexias e hábitos de escoita consciente. A nivel xeral parte dunha visión global da música, tomando conciencia de cada un dos elementos que a compoñen a nivel sonoro. Tamén se centra na análise auditiva de aspectos teórico-prácticos coma os intervalos, escalas, modos, dinámicas, recursos estilísticos, formas musicais, etc. 

Aspectos que imos traballar:

  • Escoita consciente, análise e debate sobre algún ou varios aspectos de unha canción:
    • Capas de instrumentos e timbres.
    • Abstracción dalgún dos elementos anteriores.
    • Forma musical.
  • Intervalos:
    • Tipos de intervalos e exemplos de cada un deles.
    • Asociación de intervalos a cancións coñecidas e recorrentes.
    • Ditado gráfico de alturas.
    • Ditado melódico.
    • Intervalos harmónicos.
  • Acordes:
    • Acordes de tríada/calidades.
    • Acordes de cuatríada/calidades.
    • Acordes con tensións.
    • Técnicas para recoñecer a tónica e as notas tensionadas.
    • Identificación de acordes dentro dunha progresión harmónica.
  • Escalas/modos:
    • As escalas máis habituais na nosa música: maior e menor.
    • Os sete modos que xorden da escala maior.
    • Efecto sonoro de cada unha das escalas e técnicas de recoñecemento.
    • Harmonías asociadas a cada unha das escalas.
    • Exemplos e audicións.
  • Aplicación práctica:
    • Reprodución dos exercicios ó piano/nocións básicas para o estudo.
    • Interacción entre o alumnado e intercambio de exercicios.
    • Deseño de exercicios propios para o adestramento auditivo.
  • Diploma ROCKSCHOOL:
    • Traballaranse de forma específica os ditados melódicos, rítmicos e harmónicos asociados ós exames da titulación impartida para aqueles alumnos e alumnas que a cursen.
Flyer Adestramento Auditivo - A escoita conscente

Flyer Adestramento Auditivo

Preinscrición online:

Horario: Mércores de 21:00 a 22.00

Nome e apelidos

E-mail

Teléfono

Actualmente son alumno da escola: