MasterClass – Abe Rábade

Abe Rabade – A Casa do Rock

DIRIXIDO A: Todolos aficionados ao piano.
LUGAR: A Casa del Rock
DATA: 7 Marzo 2020
PRAZAS: un máximo de 20 asistentes.
DURACIÓN: 3 horas de MasterClass.
PRECIO:
Alumnado 20€
Xeral 30€

O obxectivo da Master Class é conseguir un achegamento ao vocabulario jazzístico nas súas dimensións rítmica, harmónica e melódica así como a súa aplicación práctica nun conxunto instrumental. O entrenamento auditivo, o rítmico e as nocións de harmonía contemporánea serán a vía para este achegamento.

Profundizarase nos recursos que permiten improvisar con solvencia a un instrumentista.

Traballarase cunha selección de repertorio representativo do Jazz: standards, temas be-bop e composicións de corte máis contemporáneo.

Abe ilustrará con interpretacións a diversos tempos e atmósferas as posibilidades estéticas do jazz máis ortodoxo, pero tamén aberto ás influencias clásica, experimental ou das músicas de raíz.

Sobre o Docente “ Abe Rábade”:


Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999. Conta cunha ducia de discos como líder, tres composicións para grandes formatos, outras poético-musicais e unha decena de premios. Actúa con numerosas figuras de recoñecido prestixio internacional en múltiples concertos e festivais de todo o mundo. Ofrece masterclasses en distintos centros españois e portugueses. Actualmente, tamén é profesor en dous conservatorios superiores de música de Galicia e Portugal.


Dirixe o seu trío de jazz acústico desde 1996, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería.
Formou o grupo Nordestin@s en 2006 xunto ás cantantes Guadi Galego e Uxía Pedreira. O disco homónimo foi un dos 100 máis vendidos no estado español no Nadal de 2006.
É autor dunhas 200 composicións orixinais (moitas de corte jazzístico, pero tamén varias achegadas á música experimental, á tradicional galega, ao flamenco ou á clásica).
Desde 2001 é codirector artístico (xunto a Paco Charlín) do Seminario Permanente de Jazz, na cidade de Pontevedra.
Forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal) desde 2009 e do CSM Galicia, desde 2019.

Mais info: https://aberabade.com/gl/