SAMAIN

Samaín en A Casa do Rock !!!!

O próximo xoves 31 de Outubro @s peques de 3 a 6 anos están todos convidad@s a coñecer a nosa escola e celebrar con nós o Samaín.
Actividades e xogos musicais ambientados nesta festa, á que podes asistir disfrazado.

E por suposto… un terrorífico photocall para non esquecer este día!

Non te quedes sen a túa praza!

DEBES CONCERTAR A CLASE PREVIA CITA
a través de: acasadorock@acasadorock.com ou 881979660

Coro

CORO INFANTIL

A Casa do Rock - Coro Infantil

A Casa do Rock – Coro Infantil

Neste curso 2019/2020 arrancamos con moitísima ilusión o noso primero Coro Infantil Moderno A Casa do Rock para idades comprendidas entre 6 e 12 anos.

As clases serán os luns de 18:00 a 19:00 horas. Unha hora á semana para disfrutar cantando en grupo coa nosa profe Bea.

Durante todo o mes de outubro poderase asistir e probar de balde esta nova e tan esperada materia.

Non deixes pasar esta oportunidade e apúntate xa no noso correo electrónico acasadorock@acasadorock.com chamando por teléfono ao 881 979 660 ou na nosa recepción.

A Casa do Rock - Coro

A Casa do Rock – Coro

CORO ADULTOS

Se che gusta cantar, e compartilo con máis xente, o noso Coro moderno é unha gran oportunidade.

Nas clases traballaremos bases rítmicas de lectura e harmonía, e técnica vocal.

Os luns, de 20:00 a 21:30, Diana espéravos para sacar o mellor das vosas voces e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases.

Non te quedes coa dúbida e contacta con nós para unha clase de proba, sen compromiso e totalmente gratuita.

A Casa do Rock - Coro Adultos

A Casa do Rock – Coro Adultos