TEATRO MUSICAL

NOVIDADE PARA O CURSO 2019 – 2020
GRUPOS DENDE 4 ANOS EN ADIANTE

O Teatro Musical é unha forma de teatro que combina cancións, diálogos, actuación e danza. As historias comunícanse a través das palabras, a música, o movimento e os aspectos técnicos do espectáculo como un todo integrador. O Teatro musical é un xénero interdisciplinar, que ofrece ó alumnado unha plataforma para formarse e desenrolarse artísticamente, na música, no teatro, a danza e as artes visuais.
As nosas clases tratan de facer emerxer esa creatividade dende o movemento e a música eliminando os bloqueos corporais que nos impiden manifestarnos,preparándonos así para a obtención dunha interpretación unificada de mente, corpo e voz.
O alumno pode sentirse así protagonista da súa propia historia e crear un diálogo entre o mundo que o rodea e o seu propio interior.

Teatro Musical - A Casa do RockA Casa do Rock - Horario verano 2019

Xullo cursos intensivos

Xullo cursos intensivos - A Casa do Rock

Xullo cursos intensivos – A Casa do Rock

Durante o mes de Xullo A Casa do Rock vos ofrece os cursos intensivos de Verán.

Horario
Mañáns: Luns a venres de 10:00 a 14:00
Tarde: Luns a mércores de 16:00 a 21:00

Neste curso intensivo temos unha oferta especial con descontos ata do 25% na mensualidade a partir de 6 horas, 8 horas e 10 horas.

Só durante este mes de Xullo non hai matrícula para asistir a estas clases intensivas e podemos adaptar os horarios de semán en semán.
No caso de querer continuar no mes de Setembro é preciso facer matrícula.